Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Iluminar a Catedral

A empresa Intervento gaña o Concurso Internacional de Iluminación da Contorna da Catedral de Santiago de Compostela

compostela concurso iluminacion catedral 19 febreiro 2026 (1)

Compostela pecha o concurso que buscaba atopar un proxecto de iluminación da contorna da Catedral acorde ao valor patrimonial do espazo. Un proxecto que se espera serva de referencia en intervencións similares.

O alto nivel das ideas presentadas complicou a decisión ao xurado. Na final estaban por exemplo o estudo finés Valoa Design e un equipo encabezado polo italiano Pietro Maria Castiglione.

Finalmente o  xurado internacional do Concurso Internacional de Iluminación Ornamental e Artística da contorna monumental da Catedral de Santiago de Compostela acordou por unanimidade seleccionar como proposta gañadora o anteproxecto presentado baixo o lema “Hermes”, que acadou a maior puntuación global na fase final e que presentaba a empresa Intervento.

Trátase dun estudo pioneiro no urbanismo da luz e na iluminación patrimonial. O gañador asumirá a redacción do proxecto executivo e a dirección da obra piloto na Praza de Praterías tras obter a maior puntuación.

Unha actuación concibida como banco de probas para a futura implantación progresiva no conxunto da contorna catedralicia, incluíndo as prazas do Obradoiro, Quintana e Inmaculada, así como os espazos de conexión entre elas.

A decisión foi adoptada na reunión celebrada o pasado 3 de febreiro, na que o xurado avaliou os tres anteproxectos finalistas de acordo cos criterios establecidos nas bases do concurso: valor e calidade do deseño lumínico, viabilidade técnica e económica, e protección do medio ambiente, eficiencia enerxética e innovación tecnolóxica, e publicada esta mañá na Plataforma de Contratación do Sector Público, seguindo os requirimentos legais previstos no concurso.

A proposta mellor valorada polo xurado

O anteproxecto “Hermes” (Intervento) acadou unha puntuación total de 95 puntos sobre 100, fronte aos 65 puntos obtidos polas outras dúas propostas finalistas.

De xeito desagregado, en canto ao valor e a calidade do deseño lumínico, a proposta gañadora recibiu un total de 45 sobre 50 puntos posibles e, nos eidos da avaliación técnica e económica, por unha banda, e da protección do medio ambiente, eficiencia enerxética e innovación tecnolóxica, por outra, obtivo a máxima puntuación en ambos: 25 sobre 25.

Segundo recolle a acta, “o anteproxecto ofrece unha análise moi precisa da arquitectura e contorna urbana e histórica do ámbito de actuación”. O xurado destacou que a proposta presenta un deseño lumínico que posúe “claridade e integridade, e propón unha imaxe equilibrada da paisaxe nocturna evitando a homoxeneización da mesma mediante a xerarquización da iluminación, utilizando gradientes e contrastes que poñen en valor a arquitectura sen deformala”.

Así mesmo, na resolución final valórase especialmente o uso intelixente da penumbra e dos contrastes de claroscuros, non só na iluminación ornamental dos monumentos, senón tamén nos percorridos polo espazo público circundante, dotando de coherencia á solución presentada.

Máximo respecto polo patrimonio catedralicio

Un dos aspectos considerados determinantes foi a estratexia de mínima intervención sobre o patrimonio. A acta sinala de maneira expresa que “Hermes” é a única das propostas que resolve a iluminación ornamental do conxunto da catedral sen situar novas instalacións sobre as cubertas de pedra, recentemente rehabilitadas na súa integridade.

Neste sentido, o xurado subliña que o proxecto “garante a conservación dos valores culturais da catedral no seu conxunto, incluídas as cubertas”, que forman parte do itinerario de visitas e gozan da máxima protección como Ben de Interese Cultural.

Viabilidade técnica, económica e sostibilidade

No plano técnico e económico, o xurado concluíu que a proposta é “tecnicamente moi completa”, destacando a precisión nos cálculos, os niveis de iluminación e as temperaturas de cor, consideradas “ben elixidas”.

A utilización de luminarias de diferentes marcas comerciais foi tamén avaliada positivamente, xa que “favorece a sostibilidade económica da proposta e incluso o seu mantemento a longo prazo”.

O orzamento presentado inclúe todas as fases da intervención (desmontaxe, instalación e probas) e considérase axustado e viable, permitindo “garantir a calidade da execución”.

No ámbito ambiental, a proposta articúlase arredor do criterio de “integración e mínima intervención”, cun control preciso dos feixes de luz, destinado a evitar deslumbramentos e reducir a contaminación lumínica, preservando a escuridade desexada do firmamento e da paisaxe nocturna.

O xurado salienta que o proxecto cuantifica un aforro enerxético aproximado do 68 % respecto ao consumo actual, actuando, ademais, en edificios que carecían até agora de iluminación ornamental.

Alta calidade e adecuación dos proxectos finalistas

Xunto coa proposta gañadora, o xurado salientou a calidade dos outros dous anteproxectos finalistas. Neste sentido, “Shh… See the silence” (correspondente ao estudo finés Valoa Design) foi valorado pola súa coherencia conceptual e polo uso da luz e da penumbra acorde coa atmosfera espiritual do ámbito e, “Ad Maiora Semper” (lema de detrás do cal estaba un equipo encabezado por Pietro Maria Castiglione, a.k.a Piero), resultou recoñecido, entre outros aspectos, polo seu exhaustivo traballo de análise histórica e urbana e o alto grao de desenvolvemento da proposta técnica e económica.

No marco do Plan de Sostibilidade Turística de Santiago

O Concurso Internacional de Iluminación enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística de Santiago (PSTD), promovido polo Goberno de España, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela, cun investimento total de 3 millóns de euros para proxectos de transformación sostible.

A iniciativa constitúe unha das actuacións centrais do Plan e supón unha aposta pola innovación aplicada ao patrimonio, aliñada cun modelo de destino turístico máis sostible e respectuoso coa cidade histórica. A asistencia técnica e coordinación do concurso correu a cargo da empresa compostelá TRIVIUM.

Post navigation

Previous: Chévere estrea Ictus
Next: Brión aproba o novo Plan Integrado de Emprego

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.