Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Xeral

Iluminando as fochancas

O BNG da Estrada inicia unha campaña na que sinaliza con balizas luminosas as fochancas da Nacional 640

a estraa bng sinalizar fochancas 19 xaneiro 2026 (1)

Os problemas de fochancas son una denuncia habitual en todos os concellos. Hai tempo que na Estrada a situación da N-640 ven sendo motivo de queixas por parte dos condutores e, no concello, por parte do BNG.

Os nacionalistas da Estrada poñen o foco na “situación de abandono absoluto” que sofre a estrada nacional N-640 ao seu paso pola comarca e concellos veciños. Nunha acción de denuncia simbólica, militantes do BNG procederon á colocación de balizas luminosas, semellantes ás que obriga a DXT a utilizar nos vehículos, para sinalizar as numerosas fochancas, fendas e irregularidades que converten esta vía estatal nun perigo constante para a seguridade viaria.

Queixas polo asfaltado

As intervencións realizadas na N-640, realizadas polo Ministerio de Transporte como titular da estrada, son cualificadas polo BNG de “insulto á veciñanza”. Segundo a formación, os traballos de asfaltado foron unha auténtica “chambonada” xa que só taparon buratos se corrixir o firme en mal estado polo que as fochancas reaparecen ao pouco tempo.

Para o BNG “a N-640 é un desastre e o Goberno español mira para outro lado mentres os nosos veciños e veciñas xogan o tipo e os seus vehículos sofren avarías diarias”.  Coa colocación das Balizas o BNG pretende sinalar directamente ao Executivo español como responsable da falta de mantemento dunha infraestrutura que é vital para a vertebración da Estrada.

Post navigation

Previous: A Xunta renova a rede de abastecemento na rúa Loureiro de Teo
Next: Touro solicita que se recoñeza á veciñanza como parte interesada no proceso da Mina

Máis novas

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.