Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Brión

III Mostra de Teatro EM-Brión

Escena final dunha das montaxes da mostra de teatro de Brión

Brión, 21/05/2026 –  O centro social polivalente de Brión acollerá do 22 ao 31 de maio unha nova edición da Mostra de Teatro EM-Brión, organizada por Teatro das Maniotas, o grupo teatral conformado por alumnado do IES de Brión, e que conta coa colaboración do Concello.

Unha mostra de teatro amador que chega este ano á súa terceira edición e que reunirá a sete compañías teatrais, na que a súa maioría proceden de institutos e escolas de Cee, O Porriño, Vedra, Outes, Santiago e Brión.

Seis das sete funcións serán abertas ao público, que poderá acceder de forma totalmente libre e de balde no centro social polivalente de Brión ata completar aforo. Todas as actuacións terán comezo ás 20:00 horas, comezando este venres 22 de maio con “Pezas teatrais”, do IES Ribeira do Louro (O Porriño). O sábado 23 de maio será a quenda de Papaventós (Vedra), con “Ata que soe o timbre”.

Para a seguinte semana queda a actuación do grupo local, Teatro das Maniotas, que porá en escena “Sobremesa” o venres 29 de maio, ás 20:00 horas. O sábado 30 será a quenda de Teatro Terra de Outes, coa peza “A praia do demo”.

O peche da III Mostra EM-Brión incluirá un programa dobre a cargo de compañías compostelás: “Deuses contra titáns”, da Escola de Teatro Pábulo, e “Romeo e Xulieta”, adaptación da Aula de Teatro do Centro Social de Conxo.

A única actuación non aberta ao público será “Magnetismo”, de Tuéjele Teatrdo (IES Fernando Blanco de Cee), que terá lugar este venres 22 de maio, ás 11:00 horas, no centro social polivalente pero reservado exclusivamente para o alumnado do IES de Brión.

Post navigation

Previous: Frades inviste máis de 180.000€ na mellora de accesos
Next: O Couto de Ximonde acolle a presentación do Goza do Ulla 2026

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.