Oroso, 7 de xullo do 2017 – O Concello de Oroso, en colaboración coa Deputación da Coruña, Deleite Galego e Manuele Tremendo Caamagno, organiza a terceira edición do festival Psicotroita.
A cita esta noite ás 22:00 horas, na alameda de Góis de Sigüeiro. Actuarán os grupos Familia Caamagno, Malandrómeda, Oh! Ayatollah e Esposa.
Tamén haberá batalla de vinilos entre as DJs Fragabuki e Wanda Buluba.
A entrada é libre e de balde.