Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Compostela

II Encontro Internacional de Soundpainting Compostela

A iniciativa celebrarase do 7 ao 10 de xullo e inclúe tres xornadas formativas abertas a persoas de todas as disciplinas artísticas, con ou sen experiencia previa.

Cartel do encontro de soundpainting

Compostela, 20/06/2026 – Xa está aberto o prazo de inscrición para participar nos obradoiros do II Encontro Internacional de Soundpainting Compostela, unha cita que reunirá na cidade artistas, creadoras e persoas interesadas na improvisación e na creación colectiva a través desta singular linguaxe de signos.

O encontro celebrarase entre os días 7 e 10 de xullo de 2026, impulsado pola Orquestra Galega de Liberación co apoio do Concello de Santiago, a USC, e a SGAE, e coa colaboración de Casa das Crechas, Borriquita de Belém e Camalea.

O soundpainting é unha linguaxe xestual creada polo compositor estadounidense Walter Thompson para dirixir composicións en directo nas que poden participar persoas procedentes de moi diversas disciplinas artísticas, como a música, a danza, o teatro, a poesía, as artes visuais ou a performance. A través de máis de 1.500 signos codificados, permite construír obras colectivas en tempo real, convertendo a improvisación nun proceso compartido de creación.

O programa formativo desenvolverase os días 8, 9 e 10 de xullo, en horario de 10.30 a 13.30 horas, na Sede da SGAE de Santiago de Compostela. Con carácter gratuíto, a proposta busca abrir unha porta de entrada ao soundpainting e diríxense tanto a persoas sen experiencia previa como a creadoras que desexen incorporar novas ferramentas aos seus procesos artísticos.

A organización oferta 25 prazas, que se irán adxudicando por rigorosa orde de inscrición no formulario habilitado pola organización. O prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 1 de xullo ou ata completar a capacidade dispoñible.

Os obradoiros estarán impartidos por Eric Chapelle (Batik Soundpainting Orchestra, Francia), Johan Sabbe (Safety Last Ensemble, Bélxica), Angélique Cormier (YET Ensemble, Francia) e Xacobe Martínez Antelo (Orquestra Galega de Liberación, Galiza), referentes internacionais dunha disciplina que fomenta a creación colectiva e a improvisación en tempo real.

A organización chama a participar a instrumentistas, cantantes, intérpretes, performers, artistas visuais, escritoras e escritores e, en xeral, a calquera persoa interesada na creación colectiva e na experimentación artística.

O obxectivo é ofrecer un espazo de encontro, aprendizaxe e práctica arredor dunha metodoloxía que sitúa a escoita, a colaboración e a improvisación no centro do proceso creativo. Non se requiren coñecementos previos, só vontade de aprender, experimentar e gozar da creación colectiva nun espazo de traballo seguro.

Xunto á vertente formativa, o encontro contará cunha programación aberta ao público que permitirá coñecer o soundpainting en acción. Os días 7, 8 e 9 de xullo celebraranse concertos da Agora Guerrilla en distintos espazos da cidade: a Casa das Crechas, a Borriquita de Belém e o Café Camalea, todos eles ás 21.00 horas.

O programa culminará o 10 de xullo cun concerto da Orquestra Galega de Liberación na Casa das Máquinas na compaña das persoas participantes nos obradoiros, ás 19.00 horas.

A pasada edición reuniu en Santiago artistas procedentes de numerosos países e consolidou a cidade como un referente internacional para esta práctica artística multidisciplinar.  O II Encontro busca ampliar a participación local e achegar o soundpainting a novos públicos.

Post navigation

Previous: 8º edición do Ateneo Barroco
Next: 126.000 persoas pasaron polo Son do Camiño

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.