Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O alumnado do IES Antón Fraguas quere saír do centro

compostela ies anton fraguas 17 outubro 2025

Unha protesta dos alumnos de bacharelato serviu para reivindicar a petición de que se lles permita abandonar o centro en recreos e horas libres.


Esta semana os alumnos do IES Antón Fraguas de Compostela, en Fontiñas, mobilizáronse contra unha medida que ven do curso pasado. En aquel momento prohibíuselle ao alumnado de bacharelato a saída do centro nos recreos e horas libres.

A medida é consecuencia da chegada dunha nova dirección ao centro e da norma da Xunta de Galicia que responsabiliza ás direccións do que lle suceda ao alumnado durante as horas lectivas, dentro e fora do recinto escolar.

Na práctica isto supón que as direccións dos centros decidan deixarlles sair ou non. Os alumnos lembran que ata fai dous cursos os que cursaban bacharelato tiña garantida a saída durante as horas libres e os recreos, e “para nós isto é un cambio negativo por diversas razóns. O IES Antón Fraguas, como a maioría, non está preparado para a magnitude de alumnado que, debido a esta nova normativa, queda dentro do centro (aproximadamente 250 alumnos de bacharelato e outros 500 da ESO)”.
O alumnado recoñece que “dende a dirección do centro ofreceuse a alternativa de quedar na clase durante os recreos, só aos alumnos de bacharelato. Pero na práctica non é unha solución realmente efectiva”.

Parte do profesorado está de acordo, para eles supón un cargo e un estrés engadido. Agora deben estar pendentes, non só das gardas no patio, senón que tamén no piso de arriba (o de bacharelato) polo que entenden que para eles tamén supón un desgaste.

E os alumnos de bacharelato “afrontamos dous cursos moi complicados nos que necesitamos un espazo no que desfrutar do noso tempo de lecer que nos permita realmente descansar no medio da xornada lectiva. Quedando na clase, o noso espazo de traballo no que xa estamos as seis horas restantes da mañá, non conseguimos ter esa sensación de descanso real”.

Os alumnos din ser “conscientes de que cambiar esta normativa non está en mans do centro. Por iso o alumnado de bacharelato do IES Antonio Fraguas animado polo IES Rosalía de Castro que xa se mobilizaron buscando flexibilidade ante esta situación, pedimos un cambio que nos permita desfrutar correctamente dos nosos tempos de descanso e desconexión”.

Post navigation

Previous: E logo… que foi? O río Sar
Next: O máis lido en Lindeiros o mais lido do 13 ao 16 de outubro  do 2025

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.