Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Val do Dubra

Val do Dubra presenta a 42ª Festa do Emigrante

A Festa do Emigrante de Val do Dubra celebrarase os días 6, 7 e 8 de agosto de 2026

Presentación da Festa do Emigrante diante da casa do concello de Val do Dubra

Val do Dubra, 20/07/2026 – O Concello de Val do Dubra acolleu a presentación oficial da programación da 42ª edición da Festa do Emigrante. O cartel recolle unha ampla oferta de actividades culturais, deportivas, gastronómicas e musicais, consolidando unha cita xa tradicional no calendario festivo do municipio.

A programación dará comezo o xoves 6 de agosto coa XXXVIII Festa da Cervexa, que contará coas actuacións de Dosenpunto, Leite con Jalletas e Ferre DJ, nunha noite dedicada á música e ao ambiente festivo.

O venres 7 de agosto celebrarase a xornada institucional da Festa do Emigrante, coa Misa Solemne e o acto oficial de apertura na Casa do Concello, acompañado da Asociación Xuvenil Regueifa. O acto cetral da xornada será a homenaxe ao artista Xosé Castiñeiras, creador da escultura ao Emigrante. Pola tarde terá lugar unha nova edición do Jran Prix, mentres que a noite estará marcada pola gran verbena coas orquestras Origen e Marbella, xunto coa discomóbil EME Music.

A programación da Festa do Emigrante concluirá o sábado 8 de agosto cunha intensa xornada de actividades para todas as idades. O día arrancará co torneo de petanca, seguido do pasarrúas coa charanga Os Celtas, a tradicional sardiñada popular, a final do torneo de petanca, un torneo de xadrez, teatro de rúa a cargo de As Sircópatas con Rogelio III La Fête , e o Torneo de Fútbol Emigrante.

A festa pecharase cun gran concerto e verbena protagonizados pola orquestra Metrópolis, o artista galego Ortiga e EME Music.

Con esta programación, a Festa do Emigrante volve apostar por unha combinación de tradición e lecer, ofrecendo tres días de actividades pensadas para todos os públicos e convertendo Val do Dubra nun punto de encontro durante o verán.

A organización anima á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta 42ª edición, que un ano máis reunirá música, gastronomía, deporte e cultura nunha das celebracións máis destacadas do municipio.

A organización da 42ª Festa do Emigrante corre a cargo da Asociación Cultural Emigrante, co apoio do Concello de Val do Dubra e da Deputación da Coruña.

Post navigation

Previous: Esta fin de semana comezaron as III Xornadas de Frauta de Galicia
Next: A Deputación reafirma o seu compromiso con NÚMAX

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.