Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

Os cambios no Plan Xeral de Ordenación Urbana, PXOM, buscan adaptar a norma ás necesidades da veciñanza

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg

Imaxe de arquivo

Teo, 30/07/2026 –  O Pleno do Concello de Teo debateu onte a aprobación definitiva da Modificación Puntual non Substancial Nº2 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), logo de recibir todos os informes sectoriais favorables e o informe preceptivo por parte da Dirección Xeral de Urbanismo.

O punto foi aprobado coa abstención do BNG, por discrepancias ante a non limitación nas pendentes dos terreos, e os votos favorables de PSdeG e PP. Os dous concelleiros do grupo político PXCT, Proxecto Común de Teo, non asistiron ao pleno aducindo motivos persoais.

Esta Modificación Puntual nº2 do PXOM busca permitir unha maior flexibilidade na implantación das edificacións principais dentro da parcela edificable, pasando así dos actuais 25 primeiros metros ata os 50 metros dende a aliñación oficial.

Tamén permitirá a implementación de cubertas planas no solo de núcleo rural, na súa área de extensión (N2), facilitando así o desenvolvemento arquitectónico dentro destas zonas rurais.

Por último, tamén contempla a eliminación da prohibición de edificar en parcelas en función da pendente natural da mesma. Ata o de agora, a pendente máxima permitida era do 30%, o que producía agravios comparativos, xa que era un mero condicionante físico ao deseño arquitectónico da vivenda. Agora, con esta eliminación, a construción proxectada terase que adaptar á realidade física do terreo, fomentando así un desenvolvemento urbanístico máis harmonioso e respectuoso, sen comprometer a calidade estética nin a funcionalidade das vivendas.

Ordenanza lixo

Por primeira vez, levarase ao Pleno a aprobación inicial da ordenanza reguladora de xestión de residuos municipais do Concello, tal e como esixe a Lei e que arestora non existía no municipio como tal.

Esta ordenanza foi votada en contra polo BNG, que non considera que sexa o seu modelo; o PSdeG fixo distintas matizacións pero abstívose na votación, e o grupo de goberno do PP votou a favor polo que foi aprovada.

Esta ordenanza recolle aspectos como a separación das distintas fraccións de residuos, o uso dos colectores, a recollida de residuos especiais e voluminosos, o funcionamento do Punto Limpo acorde á vixente Lei e as obrigas e dereitos da cidadanía.

Con esta norma búscase tamén “dar resposta a problemas como os vertidos incontrolados, o abandono de residuos ou o uso incorrecto dos sistemas de recollida”.

Os obxectivos da norma pasan por fomentar comportamentos e actitudes encamiñadas a manter o municipio limpo, promovendo unha correcta economía circular.

A ordenanza recolle un marco flexible que permitirá adaptar e mellorar o servizo segundo as necesidades do propio concello, así como adaptalo a novos cambios na normativa nacional ou europea.

Post navigation

Previous: Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado
Next: Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.