Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Rois

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

O SAF tívose que adxudicar de novo tras renunciar a primeira adxudicataria ao contrato

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar

Rois, 14/09/2026 –  O pasado 31 de xullo, o Pleno da Corporación de Rois ratificaba o acordo da mesa de contratación de adxudicarlle á Uniges-3 a xestión do Servizo de Axuda no Fogar. Ese mesmo día, a empresa cordobesa remitía un escrito ao Concello renunciando ao contrato.

Esa renuncia motivou que o concurso quedara deserto. A Corporación, no Pleno ordinario celebrado este 11 de setembro, aprobou os novos pregos e cláusulas para licitar o servizo do SAF por un período de 2 anos, máis un de prórroga, e cun valor estimado total de 1.915.680 euros (impostos incluídos), o que representa un coste de 638.560 euros cada un dos tres anos.

Este importe correspóndese co recollido no informe elaborado pola consultora contratada para determinar os custos asociados ao SAF, que establece un prezo hora de 25,54 euros con impostos (24,56 € sen IVE) e unha estimación de 25.000 horas anuais de atención en dependencia.

Cando se publique na Plataforma de Contratación do Estado, as empresas interesadas en presentarse a esta nova licitación terán 35 días naturais para presentar as súas ofertas unha vez que o anuncio do proceso se envíe ao Diario Oficial da Unión Europea. Ata que se resolva esta nova licitación, a empresa Attende Care SL seguirá prestando o Servizo de Axuda no Fogar á veciñanza de Rois.

O alcalde indicou que a licitación deste novo contrato sácase coas mesmas condicións que a anterior e cun lixeiro incremento do prezo hora ata os 25,54 euros con impostos (24,56 € sen IVE). O punto foi aprobado cos 7 votos a favor do grupo popular. O PSdeG votou en contra ao considerar que o estudo de costes contén erros.

Desafectación dun camiño en Costa

Na sesión tamén se aprobou de xeito definitivo a desafectación dun treito de 129 metros cadrados de camiño público no lugar de Ferreiros (parroquia de Costa) que solicitara un veciño. A proposta foi aprobada por unanimidade.

Durante a exposición pública, outros veciños presentaron alegacións nas que non se opoñían a desafectación, pero si reclamaban a titularidade pública da Eira do Lousado e do Baldío da Devesiña. Na proposta que se levou a Pleno infórmase de que o veciño que propuxo a desafectación presentou documentación indicando que son de titularidade privada.

O alcalde e o portavoz do PSdeG consideraron que esta discrepancia pola titularidade desas zonas non ten que ver co expediente de desafectación do camiño. Manuel Regueira si lle pediu a Ramón Tojo o compromiso do equipo de goberno para mellorar os camiños de acceso a aldea.

Obradoiro de emprego dual Rois Teo 2026

Durante o pleno deste 11 de setembro, Ramón Tojo deu conta da resolución da alcaldía pola que asinou un convenio co Concello de Teo para solicitarlle unha subvención á Xunta para poñer en marcha o Obradoiro de emprego dual Rois-Teo 2026. A proposta foi ratificada por unanimidade

O obxectivo deste obradoiro é formar durante 9 meses a 20 persoas desempregadas dos dous municipios en operacións básicas en instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (con 10 prazas) e en operacións auxiliares de albanelaría, revestimentos e pavimentación exterior (10 prazas). Aínda que a sede e a coordinación do obradoiro será compartida polos dous concellos, da xestión administrativa do servizo encargarase Rois.

A maioría das obras que acometerá o alumnado traballador atópanse en Rois, co adecentamento de parques infantís, escolas e lavadoiros, entre outras. “Con este obradoiro poderemos seguir axudando á veciñanza desempregada de Rois a prepararse para incorporarse ao mercado laboral”, indicou Ramón Tojo.

Post navigation

Previous: Hola Nola Lab Fest
Next: Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.