Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Rois
  • Xeral

Rois continúa promovendo Cultura Dispersa

Seis citas de música e lecer chegarán ás parroquias de Rois

Cartel das próximas citas de Cultura Dispersa en Rois

Rois, 25/07/2026 – Rois continúa co programa Cultura Dispersa 2026 no mes de agosto achegando a música e o lecer ás parroquias do concello. Despois do inicio da programación o pasado 16 de maio en Costa e das actuacións de xuño e xullo en Buxán, Herbogo e Ribasar, Rois mantén a súa aposta por descentralizar a oferta cultural e acompañar as celebracións festivas das distintas parroquias con propostas pensadas para todos os públicos.

Ao longo do vindeiro mes de agosto celebraranse seis novas citas que percorrerán diferentes puntos do municipio con actuacións musicais e actividades familiares.A primeira das actuacións será o domingo 2 de agosto en Augasantas, coa actuación de Os Jaitas Blue.

Continuará o venres 7 de agosto na parroquia de Rois, onde actuará Os Retranqueiros de Ames. O martes 11 de agosto, Seira acollerá a actuación do grupo Xoldra, mentres que o sábado 15 de agosto será a quenda de Urdilde, coa actuación de Os Viqueiras de Ordes.

A programación de Rois seguirá o luns 17 de agosto en Oín, cunha xornada especialmente pensada para a cativada que contará con inchables, e rematará o domingo 30 de agosto en Leroño, coa actuación do dúo musical Eva e Camilo.

Cultura Dispersa continuará tamén durante o mes de setembro con dúas últimas citas: o 6 de setembro en Ermedelo, coa actuación da OCT Chorima, e o 20 de setembro en Sorribas, onde a mesma formación porá o peche á edición deste ano.

Con esta programación, o Concello de Rois continúa dinamizando o verán nas distintas parroquias, ofrecendo propostas que complementan as celebracións festivas e favorecen espazos de encontro e convivencia entre a veciñanza. O programa desenvólvese coa colaboración das comisións de festas, da rede asociativa do municipio e da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Post navigation

Previous: Novo transporte en Compostela con oficina cara ao publico
Next: Campo de voluntariado Monte Sacro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.