Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Ordes
  • Xeral

Reclaman a recuperación do servizo de tarde no centro de saúde de Ordes

O PSdeG levará ao Parlamento unha demanda que inclúe tamén a petición de máis profesionais.

centro-saude-ordes-slide-19-agosto-2017_r

Compostela, 07/09/2026 – O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia as principais demandas da veciñanza de Ordes en materia sanitaria. Os socialistas esixirán á Xunta que incremente os recursos humanos e materiais do Centro de Saúde e garanta unha atención pública de calidade no municipio.

A voceira socialista no Concello de Ordes, Noelia Rivadas, explica que entre as principais reivindicacións se atopa a recuperación do servizo de tarde e o aumento do persoal sanitario. “Precisamos recuperar o servizo de tarde e aumentar o persoal do centro de Saúde. Chegamos a ter dous profesionais de medicina e dous de enfermería. Hoxe temos unha atención moito máis limitada”, denuncia.

Rivadas reclama tamén a incorporación dun pediatra de garda para o Punto de Atención Continuada, así como melloras nas condicións da sala de fisioterapia e a creación dunha sala de raios X con persoal propio. Neste último caso, sinala que actualmente o municipio “depende dunha unidade móbil que só permite realizar actividade programada”.

Entre as demandas trasladadas polo Grupo Municipal Socialista atópanse tamén a necesaria construción do heliporto e a instalación dun sistema de climatización adecuado no Centro de Saúde.

A voceira socialista lembra que durante o pasado verán “as instalacións chegaron a alcanzar case os corenta graos”, poñendo de manifesto a necesidade de adaptar as infraestruturas sanitarias ás elevadas temperaturas.

Hemeroteca Lindeiros

O certo é que as demandas sobre o Centro de Saúde de Ordes remóntanse a bastantes anos atrás. Podemos ler no 2017 os debates sobre a construción do heliporto https://lindeiros.net/goberno-psoe-ordes-heliporto-pxom/ ; ao ano seguinte reclamábanse dous médicos máis para o servizo https://lindeiros.net/reclaman-dous-medicos-mais-para-o-pac-de-ordes/ ; ese mesmo ano tamén se reclamaban dous pediatras e un espazo propio para os cativos; no 2020 ampliabase o servizo de tarde que agora volve a reclamarse https://lindeiros.net/o-centro-de-saude-de-ordes-abrira-pola-tarde-e-o-de-oroso-tera-un-medico-mais/ . En definitiva os centros de saúde da bisbarra levan tempo con problemas sen que pareza que haxa un plan claro de melloras para todos.

Demandas no Parlamento

Pola súa banda, o deputado do PSdeG no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, anuncia que o Grupo Parlamentario Socialista canalizará estas reivindicacións a través de iniciativas parlamentarias para reclamar á Xunta que “escoite as demandas de todas as súas veciñas e veciños de Ordes”.

Bouza lembra que as necesidades do municipio non se limitan ás condicións das instalacións durante o verán, senón que a veciñanza leva tempo reclamando “un aumento dos profesionais sanitarios e tamén que se recupere esa hora de tarde, esas atencións tan importantes en horario de tarde a todos os seus veciños e veciñas da localidade”.

O deputado socialista destaca o traballo desenvolvido polo Grupo Municipal Socialista de Ordes e asegura que “levaremos e canalizaremos todas esas reivindicacións e instaremos, como non pode ser doutra maneira, á Consellería a actuar”.

Bouza reclama ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que “non deixe a todas as veciñas e os veciños de Ordes sen unha atención pública de calidade” e defende a necesidade de contar cos profesionais suficientes e cunhas infraestruturas sanitarias acordes ás necesidades da poboación.

“Todo iso elevaremos ao Parlamento escoitando todas estas reclamacións, todas estas esixencias que fagan os galegos e galegas que viven en Ordes”, sinala o deputado, que reivindica que “non pode haber galegos de primeira e de segunda para a Xunta de Galicia”.

Dende o PSdeG consideran que as demandas trasladadas pola veciñanza de Ordes deben recibir unha resposta inmediata por parte da Xunta e reclaman ao Goberno galego que incremente os recursos destinados ao municipio para garantir unha atención sanitaria pública, próxima e de calidade.

Post navigation

Previous: Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela
Next: O proxecto ríos de ADEGA terá o apoio da Deputación

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.