Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Reabre o Centro de Saúde de Ponte Carreira

O Centro de Saúde de Frades ven de recibir melloras qe supuxeron un investimento de 150.000 euros.

frades centro saude ponte carreira 8 setembro 2026 (2)

Frades, 08/09/2026 – O centro de saúde de Ponte Carreira reabriu as súas portas despois de dous meses pechado e coa atención médica desviada ao consultorio de Abellá. Frades e a Xunta de Galicia investiron máis de 150.000 euros nunhas obras de eficiencia enerxética, que permitirán incrementar.

O alcalde de Frades, Roberto Rey; o concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro; e o concelleiro de Deportes, Juan Carlos Portos, visitaron as instalacións, onde comprobaron que todo estaba listo para a apertura.

“As obras consistiron no cambio de toda a arquitectura metálica do centro de saúde, así como a instalación dun novo sistema de calefacción, alumeado e aire acondicionado, polo que as condicións nas que se prestará a atención sanitaria aos nosos veciños e veciñas verase significativamente mellorada”, apunta Rey Martínez.

Detalle das obras

As obras do Centro de Saúde incluíron a incorporación dun sistema de estanqueidade e illamento térmico entre carpintaría e obra, mediante aplicación dunha espuma adhesiva autoexpansiva elástica de poliuretano e a substitución da carpintaría exterior acristalada por carpintaría de aluminio con rotura de ponte térmico con vidro dobre de baixa emisividade térmica.

Tamén se colocou unha nova luminaria circular central, con lámpada LED suspendida, e outras luminarias LED de apoio. Ademais, instalouse un sistema de bomba de calor, con catro unidades interiores de aire acondicionado, e rehabilitouse enerxeticamente a fachada e o falso teito continuo a través dun illamento termoacústico de lá mineral.

O concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro Marzoa, fixo fincapé “no bo labor desempeñado pola empresa adxudicataria, Construcións José Lagares, quen cumpriu escrupulosamente os prazos e o pasado luns 31 de agosto xa entregou as chaves con todo rematado, a falta da limpeza a fondo e recolocación do equipo médico realizado polo Sergas durante esta semana para que hoxe puideramos volver á normalidade no centro de saúde de Ponte Carreira”.

Compre lembrar que o Concello de Frades xa presentou diante da Consellería de Sanidade un último proxecto para dotar a este centro de saúde dunha área de urxencias, que ten un importe de 37.122 euros. “Queremos pintar o interior de todo o centro de saúde e dotalo dunha sala de urxencias totalmente funcional”, apunta o Ferreiro Marzoa, quen apunta que “así cumpriremos un compromiso coa veciñanza de que ao final deste mandato teriamos un centro de saúde practicamente novo”. Unha actuación que o Concello prevé acometer no primeiro trimestre de 2027.

Post navigation

Previous: Noia leva a rede municipal de auga a Balbargos
Next: Obituario: Celsa Oreiro, ex concelleira de Val do Dubra

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.