Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

O proxecto ríos de ADEGA terá o apoio da Deputación

A institución e ADEGA asinaron un convenio de colaboración que dará continuidade ao proxecto ríos na provincia

ADEGA E DEPUTACION ASINAN CONVENIO APOIO PROXECTO RIOS

Coruña, 07/09/2026 – O Proxecto Ríos continúa a súa andaina na provincia da Coruña cunha nova edición do programa de voluntariado ambiental en ríos promovido por ADEGA desde hai 20 anos.

O presidente da asociación ecoloxista, Manuel Soto, e a deputada provincial responsable de Medio Ambiente, Rosa Ana García, asinaron este pasado venres un convenio que permite dar continuidade ao Proxecto Ríos ao longo do presente ano, cun importe de 30.000 euros.

No encontro, o presidente de ADEGA, Manuel Soto, puxo en valor a colaboración da área de Medio Ambiente da Deputación da Coruña neste programa de educación ambiental.

Para Soto “O Proxecto Ríos naceu coa vontade de achegar a cidadanía ao medio fluvial e de reivindicar a riqueza ambiental, social e cultural destes ecosistemas. 20 anos despois, seguimos traballando co noso obxectivo, incorporando novas ferramentas e implicando novas xeracións”.

Ao longo destas dúas décadas, o Proxecto Ríos teceu xa unha rede de máis de 8.000 persoas e 600 grupos de voluntariado ao longo de todo o territorio galego, cunha especial implicación da comunidade educativa.

No pasado ano, e no marco da colaboración coa Deputación, o proxecto implicou case 800 persoas só na provincia da Coruña, con actividades vinculadas a máis de 47 ríos e nun total de 38 concellos.

Novas accións de custodia e formación

O convenio asinado permitirá desenvolver actividades de educación ambiental canda a diversas entidades da provincia da Coruña, facendo uso de materiais educativos, divulgativos e de monitorización.

Durante a campaña de outono do proxecto, que dá comezo o 15 de setembro, executaranse diversas accións de custodia fluvial no río Sar, onde xa se desenvolveron eliminacións da especie invasora Tradescantia e onde se instalou unha cámara de fototrampeo para estudar a fauna que habita na contorna.

O programa contempla tamén un curso de formación para achegar ao voluntariado a metodoloxía do Proxecto Ríos, co obxectivo de preparalo para a inspección e análise da calidade das augas a través de bioindicadores como os macroinvertebrados.

20 anos de proxecto

Con motivo do 20 aniversario do Proxecto Ríos, ADEGA dará continuidade á campaña “Súmate á corrente”. Neste marco, instalará a exposición “20 anos de Proxecto Ríos” en varios centros de ensino da provincia da Coruña.

Ademais, baixo o lema “Móllate polos Ríos”, o Proxecto Ríos tamén poñerá en marcha un ano máis a Limpeza Simultánea de Ríos, que este ano chega á súa XIX edición. Terá lugar o domingo, 4 de outubro.

Trátase dunha das actividades máis destacadas do proxecto, na que milleiros de persoas voluntarias participan na retirada de decenas de toneladas de residuos dos ríos cada ano e de xeito simultáneo.

A través destas propostas de educación ambiental, este proxecto procura dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais e os servizos ecosistémicos que prestan, amosar as súas problemáticas e fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e mellora dos ríos a través da participación cidadá.

Post navigation

Previous: Reclaman a recuperación do servizo de tarde no centro de saúde de Ordes
Next: Municipais 2027: Lucía  Calvo, alcaldesa de Teo

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.