Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Programación de setembro no Museo do Pobo Galego

Baltar será unha das figuras protagonistas no Museo do Pobo en setembro

Baltar será unha das figuras protagonistas no Museo do Pobo en setembro

Compostela, 02/09/2026 – Comeza setembro e o Museo do Pobo Galego presenta a súa programación. Rafael Baltar será un dos protagonistas cunha exposición e unha xornada de amizade arredor da súa figura.

Esta xornada de amizade terá lugar o vindeiro martes 8 de setembro, a partir das catro e cuarto da tarde no Auditorio do museo. Trátase dunha xornada aberta ao público, na que profesionais de diversos ámbitos dialogarán sobre a obra e legado de Baltar.

 O diálogo e a conversa arredor da figura do arquitecto, profesor e presidente da Xunta Xestora e membro do Padroado do Museo do Pobo Galego será o eixe da xornada. Está organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a súa Delegación de Santiago (Arquitectos de Santiago), o Museo do Pobo Galego e a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

Frazadas con flores de Chiloé

Dous días despois, o 10 de setembro, terá lugar a conferencia Frazadas con flores de Chiloé, de Trinidad Flaño Mandujano, ás 19:00 horas. Na ala sur do Museo do Pobo Galego, sala de actividades, impartida pola investigadora e directora do Comité Nacional de Conservación Téxtil de Chile Trinidad Flaño Mandujano.

A experta rastrexou as orixes dos diversos deseños e técnicas das frazadas de flores características do Arquipélago de Chiloé. Froito da súa investigación é esta conferencia, que traza ademais unha conexión entre estes obxectos téxtiles e os cobertores ou colchas de Galicia, como as que forman parte dos fondos da Colección do Museo do Pobo Galego.

Exposición Rafael Baltar. Testemuña dun tempo

Unha visita guiada á exposición sobre Rafael Baltar é unha boa razón para facerse soci@do Museo do Pobo. Terá lugar o 12 de setembro ás 11:30 horas, no Claustro alto. A visita será da man de Paula Franjo Calvo e Sandra González Álvarez, comisarias da mostra.

A actividade é de balde ata completar capacidade. Para anotarse, é preciso enviar un correo a socios@museodopobo.gal. O prazo de inscrición remata o xoves, 10 de setembro, ás 17:00 horas.

 A pegada do SIAC

23 de setembro ás 17:00 horas no Auditorio do Museo do Pobo Galego, Como acto final da exposición sobre Rafael Baltar, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia convoca A Pegada do SIAC, unha xornada de lembranza do cincuenta aniversario do I Seminario Internacional de Arquitectura en Compostela, que reuníu en 1976 a unha xeración de arquitectos que viña discutir como intervir nos centros históricos e que forma debía tomar a cidade que se estaba a construír.

Participarán impulsores e asistentes ao curso, xunto a unha serie de reflexións actualizadas sobre as preocupacións da arquitectura contemporánea, nun percorrido que vai do contexto galego dos anos setenta ao que Santiago aínda ten pendente de pensar.

O Museo Acolle

Este mes na actividade denominada o Museo Acolle chega o Festival Plataforma 2026, coa actividade “Medro, medro e non sei onde parar” de Ismael Ramos. Terá lugar este mesmo venres ás 17:00 horas.¡, no Claustro do Museo do Pobo Galego.

Ismael Ramos presenta en Plataforma 2026 unha acción de poesía performativa que reivindica a palabra como espazo de encontro, resistencia e acción colectiva. A través de panfletos poéticos, intervención gráfica e un recital performativo arredor do verso de María Mariño, a proposta recupera a forza da poesía como ferramenta de mobilización e resistencia. Esta acción forma parte do festival Plataforma de artes performativas.

Libros

Tamé este mes presentase o libro “O cineasta Carlos Velo e o Consello de Galiza en México”, de Xosé Enrique Acuña Rodríguez. Será o 22 de setembro ás 19:00 horas na Ala Sur do Museo do Pobo Galego, Sala de actividades.

A obra, editada pola Fundación Carlos Velo, afonda nun aspecto persoal moi descoñecido do cineasta: os seus pasos no exilio mexicano, centrado no seu papel á fronte da Delegación do Consello de Galiza en México, unha institución creada polos deputados galegos exiliados que naceu para manter acendido o facho da autonomía de Galicia plebiscitada con éxito en 1936. A presentación contará coa presenza do autor, Xosé Enrique Acuña Rodríguez.

Post navigation

Previous: Municipais 2027: Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago
Next: “Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.