Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Rois
  • Xeral

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

Cartel da andaina por parellas de Rois

Rois, 16/07/2026 – A XVIII Andaina por Parellas de Rois, que tivo que ser aprazada a comezos de xullo debido á alerta por altas temperaturas seguindo as recomendacións da Consellería de Sanidade e da Secretaría Xeral para o Deporte, terá lugar o vindeiro sábado 26 de setembro.

O Concello de Rois e o Colectivo Remonte informan de que as persoas que formalizaron a súa inscrición para a Andaina por Parellas para a data inicialmente prevista manterán automaticamente a súa praza, sen necesidade de realizar ningún trámite adicional. No caso de que algunha das persoas inscritas non poida participar na nova data, a organización permitirá a súa substitución por outra.

O próximo 26 de agosto abrirase un segundo prazo de inscrición, no que se facilitará toda a información necesaria para cubrir as prazas que poidan quedar dispoñibles. A Andaina por Parellas de Rois é unha proposta deportiva e de lecer xa consolidada no calendario do municipio que combina actividade física, convivencia e o descubrimento da riqueza natural e paisaxística do concello.

A proba consistirá nun percorrido circular de aproximadamente 15 quilómetros, cun nivel de dificultade baixo para favorecer a participación de persoas de diferentes idades e condición física.

Saída desde o polideportivo de Rois

A saída terá lugar ás 16.30 horas desde o polideportivo municipal de Rois, punto no que tamén estará situada a meta. O itinerario discorrerá por distintos núcleos e espazos do municipio, entre eles Rois, Penicias, O Foxo, Infesta, Os Dices, A Pontenova, Cornes, A Peruca, A Peroxa, Lamego, Seira, a Capela do Socorro e Oín.

A organización lembra que os menores de 14 anos deberán participar acompañados por unha persoa adulta e que a recollida de dorsais se realizará o propio día da proba, entre as 15.15 e as 16.15 horas.

A XVIII Andaina por Parellas está organizada polo Concello de Rois, en colaboración co Colectivo Remonte, a Deputación da Coruña e Protección Civil.

As persoas interesadas poden obter máis información no departamento de Deportes do Multiúsos de Rois, no teléfono 981 816 061 ou contactando co Colectivo Remonte no 630 708 485.

O Concello de Rois e o Colectivo Remonte agradecen a comprensión das persoas participantes polo aprazamento da actividade, motivado exclusivamente pola necesidade de garantir a seguridade de todas elas ante as condicións meteorolóxicas extremas rexistradas o pasado sábado 4 de xullo, e anímanas a participar nesta nova convocatoria.

Post navigation

Previous: Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro
Next: Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.