Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Ames

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

O pleno de Ames aprobou un recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 474.546 euros

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026

Ames, 14/09/2026 – O pleno de agosto en Ames, celebrado este mes, aprobou distintas renovacións de contratos e partidas importantes como o recoñecemento extraxudicial de crédito 1/2026 por valor de 474.546,47 euros.

O recoñecemento de Ames aplícase a gastos realizados en exercicios anteriores ao 2026, sen o correspondente soporte contractual, derivados da execución de obras, prestacións de subministros e traballos realizados no desenvolvemento da actividade e funcionamento dos servizos municipais.

Este punto foi aprobado con maioría absoluta co voto a favor dos concelleiros e concelleiras do grupo socialista e do grupo popular. Neste punto abstivéronse os concelleiros e concelleiras do BNG e Espazo Común.

A concelleira de Servizos Económicos, Susana Señorís, explicou que “a maior parte das facturas pendentes de pago corresponden con prestación de servizos e subministros e execución de obras [] Inclúense facturas tan diversas como alimentación, monitoraxe, transporte adaptado, telecomunicacións, mantemento, reparacións, proxectos, etc”.

A voceira de Espazo Común, Luísa Feijóo, dixo “estamos falando de gastos en bens ou servizos que se prestaron pero que non seguiron correctamente o proceso administrativo. Estamos ante unha situación que nos obriga a facer unha reflexión sobre como se está xestionando o gasto municipal”.

A concelleira do BNG, Rosalía Seijas, comezou dicindo “este é un mecanismo que recolle a lei, e que se pode usar, pero para min o debate céntrase en como se pode usar dito mecanismo. Podemos entender que aparezan gastos que non era posible prever, como poden ser reparacións, avarías ou un servizo que é urxente atender, pero hai outras facturas que responden a unha falta de planificación e xestión”.

O concelleiro de Partido Popular, Pablo Beiroa, destacou que “a maior parte das facturas corresponden con servizos relacionados co normal funcionamento dos servizos públicos municipais. A maior parte das factura correspondentes ao exercicio 2025 están relacionadas coa rede municipal de comedores escolares. Isto fai que ano tras ano se teñan que aprobar ditas facturas a través dun recoñecemento extraxudicial de crédito para que os provedores poidan cobrar. Agardamos que se poida licitar o servizo de abastecemento de alimentos para os comedores escolares e deixen de aprobarse deste xeito ditas facturas”.

Sobre este asunto o alcalde, Blas García, apuntou que “é certo que isto é algo que se fai de forma reiterada. É certo tamén que se pode mellorar, aínda que nalgunhas ocasións é difícil ter unha previsión de todos os gastos, pero tamén quero deixar claro que uns 129.000 euros son facturas de empresas que as presentaron fóra de prazo. Hai servizos que temos que licitar e trataremos de facelo”.

Tedes o pleno completo no seguinte enlace de Youtube

Servizo de axuda no fogar

No pleno de Ames tamén se aprobou, en este caso por unanimidade, a ratificación do decreto de aprobación da primeira prórroga do contrato do servizo de axuda no fogar, nas modalidades de dependencia e libre concorrencia, que foi subscrito coa empresa Attende Care SL. O contrato iniciouse o 1 de xuño de 2025. A primeira prórroga farase por un prazo de 1 ano. A través de dita prórroga autorízase un gasto por importe de 1.438.939,26 euros, máis 57.557,57 euros correspondentes ao 4% de IVE, o que supón un total de 1.496.496,83 euros.

Prórroga dos servizos de limpeza

Outros asuntos aprobados por unanimidade foron a ratificación do decreto de aprobación da segunda prórroga do servizo de limpeza nos centros de educación infantil e primaria e escolas unitarias; e a ratificación do decreto de aprobación da segunda prórroga do servizo de limpeza nas instalacións de uso municipal.

O lote do servizo de limpeza nos centros educativos, subscrito con Limpiezas Germania SL, comezou a prestarse o 1 de setembro de 2022 e a prórroga de 1 ano estenderase ata o 31 de agosto de 2027. A través de dita prórroga autorízase o gasto por importe de 242.256,80 euros, mais 50.873,93 euros correspondentes ao 21% de IVE, o que supón un total de 293.130,73 euros.

Por outra banda, o lote de servizo de limpeza de instalacións de uso municipal, subscrito tamén con Limpiezas Germania, comezou a prestarse o 1 de setembro de 2022 e a prórroga de 1 ano estenderase ata o 31 de agosto de 2027. A través de dita prórroga autorízase o gasto por importe de 180.611,40 euros, máis 37.928,39 euros correspondentes ao 21% de IVE, o que supón un total de 218.539,79 euros.

Servizo de Atención Temperá

Ademais, aprobouse por unanimidade o convenio de colaboración e encomenda de xestión para a xestión compartida do Servizo de Atención Temperá co Concello de Teo. Dito convenio terá unha duración inicial de dous anos, desde o 1 de novembro de 2026 ata o 31 de outubro de 2028. O devandito servizo iniciouse o pasado 1 de novembro de 2021.

Resolución de alegacións da ordenanza da taxa do lixo

A continuación, abordouse a resolución de alegacións para a aprobación definitiva da modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos do Concello de Ames. Este punto estaba fóra da orde do día e presentouse por vía de urxencia. Dita urxencia foi aprobada por unanimidade.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explicou que “se presentou unha alegación por parte dunha veciña de Ames que solicitaba a modificación da regulación do artigo 8.2 da ordenanza fiscal que regula a bonificación por entrega de residuos no punto limpo. Consta de dous apartados: no apartado A indícase que a bonificación se tramitase de oficio e non a instancia de parte. Neste caso este apartado vaise a desestimar. No apartado B indícase que independentemente de que se tramite de oficio ou a instancia de parte, o interesado non debería acreditar o cumprimento dos requisitos. Esta parte vaise estimar”.

Este punto foi aprobado por maioría simple co voto a favor dos/as concelleiros/as do grupo socialista, o voto en contra dos/as concelleiros/as do BNG e Espazo Común, e a abstención dos/as concelleiros/as do Partido Popular.

Moción do grupo municipal popular

Por último, aprobouse por unanimidade unha moción, presentada polo grupo municipal do Partido Popular, para impulsar medidas de ordenación, integración paisaxística e minimización do impacto visual das infraestruturas técnicas e de telecomunicacións. O grupo municipal do BNG presentou unha emenda, aceptada polo Partido Popular, para incluír en dita mocións cuestións relativas a saúde das persoas no que atinxe ao impacto que poden provocar as infraestruturas técnicas e de telecomunicacións.

Post navigation

Previous: Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar
Next: Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.