Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Noia

Noia leva a rede municipal de auga a Balbargos

Un investimento de máis de corenta mil euros permitirá a conexión de Balbargos coa rede municipal.

Un investimento de máis de corenta mil euros permitirá a conexión de Balbargos coa rede municipal.

Noia, 08/09/2026 – Noia ven de investir  41.750 euros para levar a rede municipal de auga a Balbargos, na parroquia do Obre. Os traballos permitirán estender a rede municipal desde Pereiro de Arriba ata unha parte de Balbargos que actualmente non dispón deste servizo.

A actuación contempla a instalación dunha nova condución e das correspondentes arquetas, así como a posterior reposición das zonas afectadas pola obra. Trátase dunha actuación que xa estaba prevista polo Concello e cuxa importancia se viu reforzada polos problemas de abastecemento rexistrados durante os últimos períodos de seca.

O alcalde de Noia, Fran Pérez, destacou que «os últimos meses demostraron a importancia de seguir ampliando as redes municipais e reforzar as garantías de abastecemento. Queremos avanzar cara a unha rede cada vez máis extensa e fiable, que permita ofrecer alternativas nos núcleos que aínda dependen de pequenas traídas veciñais».

A actuación en Balbargos forma parte da planificación municipal para seguir ampliando progresivamente as redes de abastecemento e saneamento no rural de Noia. Pola súa banda, o concelleiro de Obras, Manolo Seijas, incidiu no carácter práctico da actuación: «Non se trata só de facer grandes obras. Tamén temos que resolver problemas concretos que afectan ao día a día da xente, e levar a rede municipal de auga a un núcleo que non dispón dela é precisamente unha desas actuacións».

Desde o goberno municipal sinalan que o obxectivo é continuar avanzando neste tipo de intervencións para estender os servizos municipais e mellorar as infraestruturas dos diferentes núcleos do concello.

Post navigation

Previous: Municipais 2027: Lucía  Calvo, alcaldesa de Teo
Next: Reabre o Centro de Saúde de Ponte Carreira

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.