Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela
  • Eleccións 2027

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

Compostela, 09/09/2026 – Pedro Blanco, candidato á alcaldía de Compostela polo partido socialista, tivo onte un encontro cos medios de comunicación para presentar os primeiros pasos do camiño ata maio do 2027.

As súas declaracións son, como sucede en este tipo de contextos, unha declaración de intencións que pasan por chegar á alcaldía  “Quero ser alcalde de Santiago para liderar un goberno valente, que tome decisións, resolva problemas e recupere o orgullo de Compostela”.

Tempo teremos de entrevistalo e resolver dúbidas sobre o seu programa. Do encontro de onte en Lindeiros quedámonos cunha sensación gris; un candidato serio e con boas intencións pero que polo momento “non se mollla” en exceso.

Pedro Blanco marcou tres prioridades para traballar e a primeira é, ata certo punto, novidosa, pero complexa. O candidato falou de ordenar a casa por dentro, que traducido quere dicir conseguir que o concello funcione internamente.

Preguntado por como conseguilo, xa que todos os alcaldes tiveron problemas en algún momento cos traballadores; Pedro Blanco apela ao diálogo e aos dereitos dos funcionarios que hai que preservar. Recoñece que teñen deberes pero cre que as veces non se fala o suficiente con eles.

Tedes o audio do encontro completo en https://buymeacoffee.com/lindeiros/municipais-2027-pedro-blanco-candidato-socialista-en-compostela-renese-cos-medios e xa sabedes que se queredes colaborar con Lindeiros podedes convidarnos a un café.

O segundo camiño de traballo de Pedro Blanco fala dunha renovación urbana. Explica que desde Xerardo Estevez probablemente a cidade e as tendencias cambiaron o suficiente como para repoensar o modelo urbanístico e en que pode mellorar.

O terceiro eixe do seu traballo será, explica, conseguir unha cidade innovadora. Aquí Pedro Blanco aporta unha mención novidosa que non se acostuma a producir. Fala da importancia da Universidade pero menciona tamén ao Centro de Supercomputación de Galicia, o CESGA.

Non é un organismo que apareza de xeito habitual na conversa pese a ser un dos nodos de innovación de Galicia desde hai anos. O complexo será integralo no traballo desde o concello pero a súa simple mención merece ter sida en conta.

Polo demais o encontro tocou de lado a crise do Psoe na cidade que todos queren deixar atrás. Pedro Blanco, supoñemos que sabendo as perspectivas de cara a maio do 27, di estar disposto a falar con todos os que saían elixidos; non é pouco pero non é doado. Como comezamos dicindo, tempo teremos de falar con el e concretar máis as preguntas pero non é malo que os candidatos saían a falar cos medios e vaiamos vendo canta cintura teñen á hora responder.

Post navigation

Previous: O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop
Next: A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.