Teo, 7 de setembro do 2026 – Continuamos esta serie de entrevistas con políticos en activo de Compostela e a súa bisbarra coa rexedora de Teo Lucía Calvo de la Uz. A 9 meses das eleccións é bo facer un primeiro repaso ao mandato que entra na recta final.
Estas primeiras entrevistas foron realizadas antes do verán, o obxectivo non é dar unha visión da actualidade se non ver que valoración se fai dos últimos tres anos e que queda por facer. Lucía Calvo foi, en certo sentido, unha das sorpresas pola súa maioría absoluta e tres anos despois segue sendo unha alcaldesa que incomoda á oposición e sorprende mesmo a unha parte de votantes que non contaban cun traballo tan intenso.
En este artigo pódese escoitar un extracto da entrevista que publícase completa en buymeacoffee.com , onde tamén poderees colaborar e apoiar a Lindeiros desde 1 euro.
Comezamos buscando unha visión xeral do mandato. Na campaña electoral Lucía Calvo realizou promesas que algúns consideraron cantos ao sol, o certo é que a alcaldesa presenta unha folla de servizos difícil de cuestionar. Cada partido ou político ten unhas prioridades para o concello, non se ten porque estar dacordo coas de Lucía pero non é cuestionable que tentou realizalas.
Afondamos en cuestións máis concretas e preguntamos pola vivenda. Teo, como Ames ou Oroso, viuse afectado polo incremento de prezos en Compostela. A situación replícase e esténdese pola bisbarra. Lucía Calvo asume o problema pero di tamén que se produce por ser a mellor alternativa a Compostela.
Unha das críticas máis repetidas da oposición é a actitude de Lucía Calvo nos plenos municipais. A consideran moi intransixente e ela responde “con traballo”, di tamén que é difícil chegar a un consenso porque para iso teñen que estar todas as partes dacordo. O que non se pode negar é o seu carácter que, a dicir dos que a coñecen, é igual nos plenos e nas reunións de partido. Ela defende que a diferencia está en que o pobo doulle unha maioría absoluta para defender o seu programa e que iso é o que fai.

Un dos momentos de debate no que vai de mandato foi a reactivación da autovía da Estrada, Calvo lembra que no 2018 BNG pedía que non se fixeran enlaces nin na Ramallosa nin en Pontevea e cualifica iso de “torpeza”, principalmente pola intención de desenvolver un polígono industrial que quedaría sen conexións. Os actuais avances considera que son bos para o concello e funcionaran ben.
O outro punto e fricción, que aínda segue, é a planta de reciclaxe de residuos en Cacheiras. Máis alá de si a tramitación por parte do concello foi a axeitada ou non, o que parece difícil de defender é que o propietario da fábrica non ten dereito a implantar a planta dentro dos seus terreos e cumprindo a lexislación. Unha vez máis, en Teo e en outros concellos, a permisividade nunha época á hora de construír vivendas ten unhas consecuencias anos despois.
O polígono industrial ou o centro de día están en marcha pero Lucía Calvo recoñece que necesitaría outro mandato para rematalos. Nos finalizamos preguntándolle en que cambiou ela tras estes tres anos; Lucía Calvo asegura que segue sendo a mesma e que está facendo o que lle gusta que é falar cos veciños aínda que as veces escoite cousas que non lle gustan.
Lucía Calvo de la Uz pode ser obxecto de moitas críticas pero o que en este mandato está deixando claro de a súa capacidade de traballo. En tempos moi convulsos, os concellos son os espazos nos que máis realidades se precisan e a alcaldesa de Teo intenta que sexan cantas máis mellor. As eleccións están á volta da esquina e Calvo chega cunha carteira de feitos abundante, os votos dirán si eran os que a veciñanza quería ou si Teo segue buscando un modelo propio de pobo.
Podedes escoitar a entrevista completa, sen cortes, no seguinte enlace https://buymeacoffee.com/lindeiros/luca-calvo-de-la-uz-alcaldesa-de-teo-partido-popular .
Si de paso queredes apoiar o proxecto Lindeiros o podedes facer desde un euro.

