Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Eleccións 2027
  • Entrevistas
  • Xeral

Municipais 2027: Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago

Entrevistas con alcaldes e actuais concelleiros de cara ás eleccións municipais de maio do 2027. Todas as entrevistas completas en

Goreti-Sanmartin-alcaldesa-de-Santiago-normal-30-xunho-2023_6543_r

Compostela, 1 de setembro do 2026 – Comezamos esta serie de entrevistas con políticos en activo de Compostela e a súa bisbarra. A 9 meses das eleccións é bo facer un primeiro repaso ao mandato que entra na recta final.

Estas primeiras entrevistas foron realizadas antes do verán, o obxectivo non é dar unha visión da actualidade se non ver que valoración se fai dos últimos tres anos e que queda por facer.

En este artigo pódese escoitar un extracto da entrevista que publícase completa en https://buymeacoffee.com/lindeiros/goretti-sanmartn-alcaldesa-de-santiago-de-compostela-bng

Comezamos buscando unha visión xeral do mandato. Se facemos caso da oposición todo foi un auténtico desastre; se preguntamos ao goberno municipal, falará do que vai be. Decidimos preguntarlle a Goretti Sanmartín por aquelas cousas que non saíron, en todo ou en parte, como estaban previstas. O lento que resulta sacar decisións adiante çe algo que non só sofren os cidadáns polo que se ve.

Goretti Sanmartín

Sae na conversa o proxecto de Peleteiro. Sanmartín non cre que os recursos poidan en esta ocasión paralizar o desenvolvemento de esa zona. Parece lóxico que a estas alturas unha parte da cidadanía queira ver que se fai algo co espazo e que por fin se poida usar, sexa coma sexa.

O novo transporte urbano parecía chegar por fin. Despois da entrevista e con todo xa listo aparece un novo recurso que, tendo en conta que durante a tramitación xa foran desestimados outros tres, da a sensación de chegar tarde. En calquera caso a previsión que facía a alcaldesa de que estivera funcionando antes de final de ano aínda pode cumprirse.

Ter comedores escolares propios non é doado, o exemplo de Ames demostra que se pode facer pero ten a súa complexidade. Posiblemente ao goberno municipal gustaríalle que en Compostela fora unha realidade pero polo menos vanse dando pasos, segundo Goretti Sanmartín, na dirección correcta.

Goretti Sanmartín, alcaldesa, e María Rozas, tenenta de alcaldesa, diante do cartel do Banquete de Conxo
Goretti Sanmartín – Santiago

O sucedido co contrato da auga foi do máis surrealista do mandato. Tras moito estudo e moita reunión, e imaxinamos moito debate a porta cerrada, chega ao pleno e o modelo, votado por maioría na comisión creada para o caso, non se aproba polo voto en contra do Partido Popular. Un xornalista non debe xulgar, salvo que faga opinión; o feito aquí é que o PP votou unha cousa na comisión e outra no pleno, a explicación é que non poden deixar que o goberno actual saque adiante ese tema e que cando estean eles o farán. Goretti Sanmartín fala de caretas que se caen.

Con situacións como a da auga no pleno preguntámonos, e llo trasladamos á alcaldesa se en este mandato tivo, en moitas ocasións, que contar ata dez antes de falar. Sanmartín di que non é moito de contar ata dez.

Rematamos preguntando pola desafección política. Esa fartura que moita xente ten dos políticos e da política. Goretti di que non a ve tanto en Compostela pero que en todo caso é algo que chega máis ben desde o centro estatal e que en moitas ocasións está sobredimensionada.

Goretti Sanmartín pode parecer as veces preocupada, incluso moi preocupada, pero sempre que os xornalistas preguntan ten unha resposta. Non sempre é a esperada, non sempre ten a claridade que se busca, pero sempre está. Responder, sobre todo cando non gusta ou non hai unha contestación clara, non só é unha obriga, é de agradecer.

Falaremos de novo coa alcaldesa antes das eleccións pero en este entrevista tedes unha visión xeral do mandato. A podedes escoitar completa, sen cortes, en https://buymeacoffee.com/lindeiros/goretti-sanmartn-alcaldesa-de-santiago-de-compostela-bng . Si de paso queredes apoiar o proxecto Lindeiros o podedes facer desde un euro.

Post navigation

Previous: Melloras de seguridade viaria en Frades
Next: Programación de setembro no Museo do Pobo Galego

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.