Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Eleccións 2027
  • Oroso

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

Na serie de entrevistas de cara as municipais do 2027 chegamos a Oroso. Alex Doval, polo Partido Popular, arrebatoulle a alcaldía ao PSdeG conseguindo a maioría absoluta.

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r

Oroso, 14 de setembro do 2026 – Seguindo coa serie de entrevistas de cara ás municipais de maio do 2027; falamos con Alex Doval, alcalde de Oroso, que conseguiu unha maioría absoluta nun concello que ata o momento era un bastión socialista.

O PSdeG realizou un importante esforzo na campaña, con mitins moito máis reforzados que en outros concellos, pero o Partido Popular soubo colleitar o que levaba catro anos sementando. Unha sorpresa para unha parte dos veciños que non esperaban o cambio.

Alex Doval recoñece que o tempo pasou rápido estes tres anos; en certo modo deixa ver o inesperado da alcaldía, pero enseguida comeza a relatar o traballo realizado. A mesa está ben organizada e non é de casualidade, sabe o que hai en cada carpeta e en que punto está o que contén.

Alex Doval aproveita para lanzar algún recado á oposición sempre que pode. Agora a colaboración cos concellos limítrofes, como Frades, é mellor e o alcalde lembra asegura que antes non se pedían case subvencións conxuntas.

A Vía Verde, que se está a rematar na parte de Santiago, é unha estrutura fundamental para a promoción de esta parte da bisbarra. En Oroso esta vía é o terceiro eixe, xunto á Festa da Troita e o Camiño Inglés cara a Compostela, de calquera estratexia turística.

Podes escoitar a entrevista completa en     https://buymeacoffee.com/lindeiros/municipais-2027-alex-doval-alcalde-de-oroso-polo-partido-popular    Se che gusta o noso traballo apóianos subscribíndote ou convidándonos a un café virtual

O problema da vivenda en Compostela hai un tempo que comezou a afectar aos concellos limítrofes. Oroso atópase cun PXOM que non deixou parcelas para construír, aínda que Alex Doval recoñece que cando se fixo ninguén pensaba en chegar a esta situación.

Quixemos saber que aprendeu en estes anos de alcalde. Alex Doval asegura que moitísimo pero que foi grazas, entre outras razóns, á axuda dos funcionarios.

É difícil saber que sucederá en maio do 2027, como case ninguén esperaba a maioría absoluta do Partido Popular. Falando con outros xornalistas, todos coinciden en que o o traballo do día a día seguiuse facendo e os proxectos seguiron avanzando ao ritmo que levaban.

Tocaralle á veciñanza dicir si realmente non mudou moito o traballo do equipo de goberno; ao mesmo tempo decidirán se lle dan 4 anos máis a Alex Doval ou volven a un PSdeG que inauguraba nova sede no pasado mes de maio e que ten que decidir si Luís Rey, ex alcalde, repite como candidato.

Alex Doval é alcalde do Partido Popular no concello de Oroso. Conseguiu a maioría absoluta nas últimas municipais, 2023, sorprendendo ao PSdeG que contaba con seguir gobernando.

Doval levaba catro anos preparando este momento e mesmo para él foi algo inesperado. Aínda así púxose a traballar desde o primeiro momento e máis alá de algunha polémica coa oposición, o mandato está sendo tranquilo.

Post navigation

Previous: Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames
Next: Campaña solidaria de Vedra para cos animais

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.