Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Melide
  • Xeral

Mercado Medieval de Melide

Un dos clásicos da Ulloa en verán é o Mercado Medieval que contará con medio cento de propostas e actividades

melide mercado medieval slide

Melide, 28/07/2026 – O Concello de Melide presentou o cartel e a programación do Mercado Medieval. Medio cento de propostas e actividades na rúa compoñen unha cita que volverá transformar o corazón de Melide nun espazo de ambientación medieval durante a segunda fin de semana de agosto.

Durante tres días, veciñanza e visitantes poderán desfrutar dun mercado de artesanía e gastronomía, música, animación de rúa, espectáculos e actividades para todos os públicos. As rúas do centro histórico acollerán durante toda a fin de semana pasarrúas musicais, representacións teatrais, personaxes medievais, danzas e animación itinerante da man de Gaeloc, Bufón Vermello, Nazareth e La Trupete de Luisete ademais dun recuncho infantil con xogos tradicionais, atraccións e unha exposición de antigos oficios.

Como xa é habitual, o Mercado Medieval coincidirá coa celebración do Mercamelide na Rúa, reforzando a dinamización comercial e ofrecendo unha fin de semana na que historia, tradición, gastronomía e comercio compartirán protagonismo.

Programación

O Mercado Medieval abrirá as súas portas o venres 7 de agosto ás 19:00 horas co inicio da actividade no mercado e a chegada dos primeiros personaxes medievais. Ao longo da tarde sucederanse a música e a animación itinerante a cargo de Gaeloc, as intervencións de Bufón Vermello, as danzas medievais e o espectáculo ‘Nazareth, a meniña do lume’. A xornada culminará con ‘Cazadores de Dragóns’, un espectáculo nocturno de lume e malabares.

O sábado 8 de agosto, o mercado abrirá ás 11:00 horas xunto co espazo infantil. Durante a mañá haberá pasarrúas, actuacións de rúa e outros espectáculos que ambientan a xornada antes da hora do xantar, prevista para as 14:30 horas nas tabernas e cantinas. Pola tarde, o mercado reabrirá ás 19:00 horas e o espazo infantil ás 19:30. A programación continuará con gaitas, fanfarras, tambores, teatro, música e animación, e terá como momento destacado da noite o espectáculo ‘Cazadores de dragóns’, con Bufón Vermello, Nazareth e Gaeloc.

O domingo 9 de agosto, o mercado e o espazo infantil abrirán ás 11:00 horas. A mañá contará de novo con música, teatro de rúa, danza e animación, antes da hora do xantar. Pola tarde, o mercado e o recuncho infantil reabrirán ás 18:30 horas e a programación continuará con música e máis animación. O Mercado Medieval despedirase ás 21:45 horas cun pasarrúas final no que participarán todas as compañías.

Durante todo o mercado medieval permanecerán abertos o espazo infantil con xogos tradicionais, atraccións para os máis pequenos, e a exposición de antigos oficios.

O concelleiro de Comercio, Xosé Igrexas, destacou a importancia do Mercado Medieval e subliñou que a súa coincidencia co Mercamelide na Rúa permitirá ofrecer unha fin de semana de lecer, cultura e promoción do comercio local. “Desde o Concello seguimos apostando por iniciativas que contribúan a dinamizar Melide, atraer visitantes e apoiar o tecido comercial, ofrecendo ao mesmo tempo unha programación atractiva para persoas de todas as idades”, sinalou.

O Concello de Melide anima á veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse á vila durante esa fin de semana para gozar dunha programación pensada para todos os públicos e descubrir o ambiente medieval, a gastronomía, a artesanía e o comercio local.

Post navigation

Previous: “A Santa” de Asorey volverá a Galicia
Next: Concurso para outorgar licencias de taxi en Santiago

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.