Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Frades

Melloras de seguridade viaria en Frades

A Deputación financiará obras nos Canedos e O Pazo, en Frades

A Deputación financiará obras nos Canedos e O Pazo, en Frades

Frades,  1 de setembro do 2026 –  O presidente da Deputación, Valentín González, mantivo unha reunión co alcalde de Frades, Roberto Rey, na que abordaron diferentes asuntos de interese para o municipio.

Rey e Gonzáles abordaron o financiamento do proxecto de mellora da seguridade viaria nos Canedos, na parroquia de Mesos, e no núcleo do Pazo, na parroquia de Abellá. O presidentes da Deputación trasladoulle ao alcalde que a achega económica necesaria para completar o financiamento provincial da actuación será incluída no vindeiro expediente de modificación de créditos da Deputación.

A institución provincial achegará así un total de 117.328 euros, o 80% do investimento, mentres que o Concello de Frades asumirá o 20% restante. O proxecto conta cun orzamento global de 146.660 euros, que se articulará a través dun convenio de colaboración entre ambas administracións.

As obras permitirán mellorar as condicións de seguridade viaria en ambos os núcleos mediante o acondicionamento das marxes das vías con zahorra, pavimento de formigón e bordos de delimitación.

Nos Canedos actuarase en catro treitos de 125, 115, 170 e 125 metros. A intervención incluirá tamén a execución de 295 metros de canal de formigón para a recollida de augas pluviais, outros 295 metros de tubaxe de 400 milímetros de diámetro e dez pozos de rexistro con sumidoiro. Ademais, realizarase a canalización para o alumeado público e instalaranse 13 arquetas.

No núcleo do Pazo, os traballos desenvolveranse en dous treitos de 105 e 75 metros. Neste caso, executaranse 180 metros de canal para pluviais e 200 metros de tubaxe, ademais de seis pozos de rexistro con sumidoiro e a canalización do alumeado público, con catro novas arquetas. Unha actuación que mellorará a seguridade viaria das numerosas persoas que acceden ao camposanto.

González Formoso destacou a importancia da colaboración cos concellos para sacar adiante actuacións deste tipo, orientadas a mellorar a seguridade dos peóns e a calidade das infraestruturas municipais nos núcleos rurais.

Pola súa banda, Roberto Rey interesouse polos avances na licitación da senda peonil entre Aiazo e Ponte Carreira, aprobada no Pleno Provincial do pasado mes de marzo, e aproveitou para presentarlle ao presidente provincial a proposta de creación dun itinerario peonil entre a DP-3801 e a DP-3802 dende a Igrexa de Moar ao cruce de Cimadevila, aprobado por unanimidade no pleno municipal de xullo.

Post navigation

Previous: A Baña recupera o Servizo de Normalización Lingüística
Next: Municipais 2027: Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.