Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Melide

Melide celebra o San Roque

Presentación festas de San Roque en Melide

Melide, 28/06/2026 – O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, membros do equipo de Goberno e representantes da Asociación de Festas de San Roque presentaron o cartel e o programa musical das Festas de San Roque, que se celebrarán do 14 ao 22 de agosto.

As celebracións están organizadas pola Asociación de Festas de San Roque, co apoio do Concello de Melide e da Deputación da Coruña. O programa musical do San Roque contará con algunhas das orquestras máis recoñecidas de Galicia, como Panorama, París de Noia, Los Satélites, El Combo Dominicano, La Fórmula, Nuevo Tango, Tattoo, Grupo Bomba e Panorama City, ademais do concerto de 9Louro, a actuación do artista local Mellita, de Banda Grileira e doutras formacións.

O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, puxo en valor e agradeceu o traballo da Asociación de Festas de San Roque e asegurou que “organizar unhas celebracións destas características require moito esforzo, dedicación e compromiso”. Ao mesmo tempo, animou a visitar Melide durante os días do San Roque para “gozar dunha programación musical moi atractiva e vivir as festas connosco”.

Programación musical

A programación musical arrancará o venres 14 de agosto coa actuación da orquestra Panorama. O 15 de agosto, o concerto de 9Louro será un dos grandes atractivos da xornada, que contará tamén coa actuación do artista local Mellita, mentres que a charanga Leña Verde porá a música nas rúas da vila.

O 16 de agosto, a orquestra Tattoo protagonizará a verbena, nunha xornada na que participarán tamén Froito Novo e a Banda de Arzúa. Ao día seguinte, a verbena correrá a cargo da orquestra París de Noia, mentres que durante a xornada haberá música coa Banda de Visantoña e coa charanga BB+.

O 18 de agosto, o Grupo Bomba compartirá cartel coa orquestra Nuevo Tango. O 19 de agosto, a verbena estará protagonizada por Los Satélites, coa participación da Banda de Santa Cruz de Ribadulla e da charanga Los Támega ao longo do día.

A orquestra La Fórmula actuará o 20 de agosto, xunto coa charanga Ardores. Xa na recta final das festas, o 21 de agosto, El Combo Dominicano será un dos reclamos musicais, nunha xornada que contará tamén con Banda Grileira, Herba Grileira e a charanga Eravisto. A programación musical pecharase o sábado 22 de agosto coa actuación da orquestra Panorama City.

Post navigation

Previous: “Dodro con orgullo” reafirma o compromiso do concello coa diversidade
Next: XV Millarock en Ames

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.