Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Brión

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas

Brión, 10/09/2026 –  O Pleno Municipal de Brión aprobou por unanimidade destinar 523.476 euros do POS+Adicional 2/2026 a obras de mellora dos accesos a trece aldeas do municipio. Tamén foi aprobado o destino de 28.700 euros restantes para reducir a débeda municipal.

As actuacións aprobadas están incluídas en tres proxectos de obras; o primeiro deles, de 118.000 euros, para melloras dos accesos aos núcleos de A Graña, Gronzo, Mato, Moldes, Nináns, Quintáns e Salaño Grande, que se acometerán en rego asfáltico.

Outros 316.835 euros destínanse a melloras nos núcleos de Tembra, Cabreiros, Brans de Arriba e Fonte Paredes, así como a pista entre Mourentáns e a Igrexa de San Fins de Brión, todas elas en aglomerado. Finalmente os accesos a Gronzo recibirán 88.560 euros.

Dársena autobuses

O Pleno municipal tamén aprobou por unanimidade e sen debate a Conta Xeral de 2025 e a desafectación dunha parcela de 246 metros cadrados do CEIP de Pedrouzos, que pasa de estar reservada para uso educativo a acoller unha dársena para a parada dos autobuses escolar. Un cambio para o que se solicitou tamén o permiso pertinente á Consellería de Educación, previo á súa publicación no BOP.

A finais de agosto a Xunta de Galicia confirmáballe ao Concello de Brión a concesión dunha achega de 500.000 euros para executar o proxecto “Mellora e acondicionamento do complexo deportivo municipal de Pedrouzos”, que conta cun orzamento total de 1,192.986 euros.

Dentro desta iniciativa inclúese a construción dunha dársena cuberta para os autobuses escolares, separada do tráfico peonil. Unha cuberta de 3,5 metros de ancho que facilitará os desprazamentos a pé entre a zona de estacionamento e os accesos tanto ao CEIP de Pedrouzos como ao IES de Brión. Desta forma, o alumnado brionés estará a cuberto en caso de choiva á hora de acceder aos centros educativos.

Finalmente, o Pleno aprobou definitivamente un estudo de detalle en San Salvador de Bastavales, despois de que o proxecto contase co preceptivo informe técnico e xurídico favorable. A proposta foi aprobada cos votos a favor de PSOE e PP, e coa abstención do BNG.

Mocións

Na quenda de mocións, aprobáronse dúas presentadas polo Grupo de Goberno. A primeira, por unanimidade, era unha corrección dun erro material nunha factura de 17,55 euros. A segunda era unha moción do PSOE de Brión sobre o Bono Concilia, aprobada cos votos a favor do PSOE e BNG, e a abstención do PP.

Esta moción destaca a aposta do Concello de Brión pola conciliación familiar e pon en valor o seus sistema de pago progresivo, no que o Departamento de Servizos Sociais fai un estudo personalizado da situación da cada familia para determinar o que ten que aboar. É dicir, non é unha taxa fixa senón que cada familia achega en función da súa situación económica.

O Pleno instou ao Concello de Brión a continuar con este sistema de financiamento ao tempo que instou á Xunta a planificar e concretar os obxectivos reais dos Bonos Concilia, a modificar o sistema de acceso aplicando un sistema semellante ao aplicado en Brión e instar á Xunta a habilitar unha liña de axudas para aquelas familias que quedaran fora da convocatoria 2026 e teñan unha situación socioeconómica que así o xustifique.

Post navigation

Previous: “Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
Next: Artesanamente, Compostela é artesanía

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.