Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Músicas na linde
  • Xeral

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Cartel do festival Lanzadeira 2026

Compostela, 17/07/2026 – O festival Lanzadeira celebra a súa edición máis especial para conmemorar o X Aniversario do Centro Xove. A cita este sábado a praza 8 de Marzo  coa participación de dúas das bandas con maior proxección do equipamento da Almáciga: Xalundes e Fuego Lolita. Con elas compartirá escenario un artista referente do rock galego: Maneiro.

A concelleira de Xuventude, María Rozas, presentou o Lanzadeira, unha iniciativa que naceu para “mostrar o talento musical emerxente que ten o seu epicentro no Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga”.

 A tenenta de alcaldesa explicou que na actualidade “temos 50 bandas utilizando uns locais de ensaio que nos últimos anos quixemos profesionalizar, mellorando os seus recursos técnicos e humanos para estarmos á altura do talento dos grupos que os utilizan”.

Na rolda de prensa participaron tamén Adrián Caride, da banda Fuego Lolita; e Daniel León, de Xalundes. Os dous agradeceron as oportunidades e o apoio que lles brinda o Centro Xove “un equipamento que nos dá posibilidades infinitas, que nos permite afrontar cuestións que doutro xeito sería imposibles, tanto por razóns económicas como de falta de coñecementos, e que permite cumprir o que para moitos de nós é un soño”. Tamén puxeron en valor a oportunidade que supón “compartir escenario cunha persoa como Javi Maneiro, que é un referente para moitos de nós e do que temos moito que aprender”.

Pola súa banda, Javi Maneiro recoñeceu sentirse impresionado polas oportunidades que o Centro Xove lle ofrece aos novos grupos “oportunidades que nada teñen que ver coa situación que vivín eu cando empecei a miña carreira, que non tiñamos nin un lugar no que tocar”.

A mellor mostra do novo talento musical

O festival Lanzadeira comezará ás 20.00 horas e con entrada libre. O cartel está protagonizado por Xalundes e Fuego Lolita, dúas bandas que ensaian de maneira regular na Almáciga e que forman parte do programa de aceleradora de bandas do Centro Xove.

O concerto será o peche da súa formación para ambos grupos, que están a ter unha importante proxección. Así, Xalundes vén de gañar o III Certame de Grupos Musicais da USC, no que Fuego Lolita acadou o segundo posto.

Ademais das dúas bandas, no Lanzadeira participará Maneiro, unha voz mítica do rock galego que está a presentar este ano novo traballo en solitario. O artista será o padriño de luxo do festival, culminando así a colaboración que mantivo nos últimos meses co Centro Xove, tanto co programa de residencias artísticas como co podcast do equipamento da Almáciga.

O nome de Maneiro súmase así a unha longa lista de colaboracións do Centro Xove con figuras referentes da música galega actual, como The Rapants, Mondra, Fillas de Cassandra, Ortiga, Familia Caamagno, ou Dakidarria.

Unha posta en escena máis profesionalizada

Para celebrar estes dez anos de traxectoria do Centro Xove, o festival Lanzadeira dá un salto de calidade no seu formato cunha produción de nivel totalmente profesional. Suso Magaña, responsable do Centro Xove, explicou que haberá un novo deseño de escenario, que tamén terá maiores dimensións que en anos anteriores, e unha dotación técnica de primeiro nivel, con equipos de son de última xeración.

Estas melloras son posibles grazas ao novo contrato de xestión do Centro Xove da Almáciga, no que a Concellaría de Xuventude apostou por un reforzo dos recursos técnicos e materiais tanto para as actividades que se desenvolven no propio equipamento da Almáciga como para as que se executan fóra deste espazo.

Post navigation

Previous: Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias
Next: A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.