Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Músicas na linde
  • Noia

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Domené será o solista da gala de entrega do premio Portus Apostoli no Harp Fest

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia

 Noia, 19/07/2026 – Queda pouco para que o 29 de este mes comece o Noia Harp Fest pero aínda hai tempo para incorporar novas estrelas á programación. O arpista José Antonio Domené será o solista encargado de protagonizar a gala de entrega do Premio Internacional de Composición Portus Apostoli.

A entrega do Portus Apostoli abrirá a 13ª edición do Noia Harp Fest no Teatro Coliseo Noela. Domené sumarase á Real Filharmonía de Galicia para interpretar a estrea absoluta de Alén do azul, a obra coa que o compositor coruñés Teo Montero Rey gañou a cuarta edición deste certame. Nesta ocasión, a orquestra estará dirixida polo mestre César Ramos.

Creaado no ano 2022 por iniciativa do Noia Harp Fest, o Premio Internacional de Composición Portus Apostoli nace co obxectivo de ampliar o repertorio existente de pezas para arpa e orquestra. Grazas á estreita colaboración coa Real Filharmonía de Galicia, o festival vén estreando cada verán as partituras gañadoras do certame.

José Antonio Domené

Nesta última convocatoria, o xurado estivo composto polo compositor Fernando Buide, o director de orquestra Fernando Briones e as arpistas Céline Landelle e Alba Barreiro. Foro os encargados de elixir como gañadora a peza de Teo Montero Rey (A Coruña, 2005), comunicada no pasado mes de febreiro.

O tribunal salientou dela unha escritura orquestral “moi sólida e orgánica, con texturas interesantes e contrastes instrumentais”, ademais dunha parte de arpa “moi variada e que utiliza tecnicamente moi ben o instrumento”. “Estruturalmente conta cunha boa narrativa musical. A cadencia de arpa e un clímax orquestral constrúen un arco dramático final moi coherente”, apuntou o xurado.

José Antonio Domené solista da Real Filharmonía de Galicia

José Antonio Domené é un dos arpistas españois máis destacados da súa xeración. Nado en Alberca de las Torres (Murcia), graduouse no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e no Royal College of Music de Londres, e é doutor en Música pola Universidad Politécnica de Madrid.

Real Filharmonía de Galicia , imaxe de Nacho Moran

Arpista titular da Oviedo Filarmonía e colaborador principal da Orquesta Sinfónica de Navarra, imparte clases no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, ademais de ter exercido como profesor asociado de música de cámara e repertorio orquestral no Conservatorio de Reggio Emilia (Italia).

Domené colaborou coas principais formacións españolas (incluídas a Real Filharmonía de Galicia, a Orquesta Nacional de España ou a do Teatro Real) e con orquestras de Francia, Alemaña, Italia, Portugal, Rusia ou os Estados Unidos.

Membro fundador da Asociación Española de Arpistas (AEDA), conta tamén cunha destacada discografía e numerosas gravacións en directo para Radio Clásica (RNE) e Catalunya Música. Jose Antonio Domené regresa á vila de Noia logo da súa actuación no festival no ano 2021

Noia Harp Fest

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia celebrará a súa 13ª edición do 29 de xullo ao 1 de agosto. O único evento cultural do noroeste peninsular dedicado á arpa consolida neste 2026 a súa aposta pola innovación, a creación propia e a diversidade de estilos: o seu cartel reúne desde a música clásica e antiga ata o jazz, a electrónica e a canción de autor.

Serán dez concertos, todos eles de acceso gratuito, nos que haberá un forte protagonismo das mulleres arpistas. Beatriz Martínez, Maeve Gilchrist, Neleta Ortiz, Siobhán Armstrong, Sona Jobarteh ou Park Stickney son algunhas das figuras que actuarán en Noia.

O evento é unha iniciativa promovida por Nalgures Producións cuxa dirección artística recae na Asociación Cultural Noia Harp Fest. Conta co apoio do Concello de Noia e da Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia e do proxecto Concertos do Xacobeo. Tamén colaboran a Sociedade Cultura Recreativa Liceo de Noia, a Asociación Española de Arpistas (AEDA) e a Deputación Provincial da Coruña e Acción Cultural Española. Todos os concertos serán de acceso libre ata completar capacidade.

Programación completa do Noia Harp Fest

29.07, Teatro Coliseo Noela | Real Filharmonía de Galicia e José Antonio Domené. Estrea de ‘Alén do azul’, gañadora do Premio Portus Apostoli 2025

30.07, Liceo de Noia | V Encontro de Escolas e Alumnado de Arpa de Galicia

30.07, Teatro Coliseo Noela | Maeve Gilchrist

30.07, Teatro Coliseo Noela | Beatriz Martínez e Acacia Ojea

31.07, Igrexa de Santa María A Nova | Siobhán Armstrong

31.07, Teatro Coliseo Noela | Banda do NHF con Su Garrido Pombo

31.07, Teatro Coliseo Noela | Park Stickney: Gustaf, Frederick & Isabel Trio

01.08, Igrexa de San Francisco | Manuel Vilas e Entrebescant

01.08, Claustro de San Francisco | Neleta Ortiz

01.08, Praza do Tapal | Sona Jobarteh

Post navigation

Previous: Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026
Next: A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.