Compostela, 20/07/2026 – As terceiras xornadas de Frauta de Galicia comezaron hai uns días cunha parte actual e unha de formación. Un concerto no Hostal dos Reis Católicos serviu de inauguración dunhas Xornadas de Frauta que ata o día 22 ofrece un tempo de formación e actividade musical que converten Comppostela nun punto de encontro para estudantes, profesionais e afeccionados á frauta.
Este encontro atraeu desde a súa creación por centos de frautistas de todo o mundo, consolidando a Santiago de Compostela como un punto de encontro internacional para a comunidade frautistica.
Até o próximo 22 de xullo, o alumnado das terceiras Xoradas de Frauta recibirá clases impartidas por un destacado equipo docente formado por André Cebrián, Paula Padín, Diego Acea, Javier Castiblanque e Iago Lariño, referentes internacionais da frauta.
A programación artística continuará os días 21 e 22 de xullo con concertos protagonizados polo alumnado na Escola de Altos Estudos Musicais, todos eles ás 19:30 horas e con entrada libre até completar aforamento. O repertorio incluirá actuacións solistas, música de cámara e formacións de ensemble de frautas.
