Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

O obxectivo é que o Plan de Emerxencias de Teo sexa un sistema coordinado de medios e recursos en situacións de risco

Vehículos de emerxencias nunha intervención

Teo, 18/07/2026 – O Concello de Teo xa conta co seu Plan de Emerxencia Municipal (PEMU) homologado, por parte da Comisión Técnica de Protección Civil. Trátase do instrumento no que se determina a estrutura xerárquica e funcional dos organismos obrigados a intervir ante posibles situacións de risco no municipio.

En este Plan de emerxencias homologado agrúpanse os criterios, as normas e os procedementos de resposta a seguir por parte das administracións públicas fronte a calquera situación de emerxencia colectiva que se produza no concello.

O PEMU de Teo ten dúas vertentes, unha preventiva e de autoprotección, e outra claramente operativa coas que se persegue organizar as funcións básicas de protección civil a nivel do municipio; identificar e analizar os distintos riscos; determinar as medidas de prevención fronte aos riscos detectados; coordinar todos os recursos municipais, co fin de dar unha resposta rápida en caso de emerxencia; promover actividades de autoprotección corporativa e cidadá; informar e concienciar á poboación sobre os riscos e medidas de protección.

Hai un obxectivo máis que enra na esfera supramunicipal. Trátase de que o Plan de Emerxencias de Teo intégrese no Plan Territorial de Emerxencias de Galicia, o PLATERGA.

Unha homologación que pretende que o Plan de Emerxencias Municipal de Teo vele pola protección das persoas, dos bens e do medio ambiente. Para logralo, establécese unha configuración orgánica-funcional xunto con procedementos operativos que garanten a resposta ás situacións de emerxencia que poidan xurdir dentro do concello. O Goberno local poderá mobilizar todos os recursos dispoñibles en caso de necesidade por calquera tipo de incidente que se orixine, permitindo que as consecuencias sexan as menores posibles e que a veciñanza recupere canto antes a normalidade.

Post navigation

Previous: Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira
Next: Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.