Negreira – Ames, 18/07/2026 – Este serán chega unha das citas máis bonitas do verá. As Noites en Vela de Ponte Maceira sin un de eses momentos nos que se respira calma, verán, patrimonio e se recupera o ambiente misterioso que as veces temos en Galiza.
Pote Maceira convertese hoxe nun lugar especial a partir das nove da noite. Un espazo de unión entre os concellos de Ames e Negreira, ou viceversa, como prefira o veciño. Unha tradición nada no 2016, e que só puido interromper a pandemia durante as edicións do 2020 e 2021
Este ano os grupos encargados de amenizar a noite serán o cuarteto Balteira e mailo grupo de gaitas amesán da Asociación Cultural Follas Novas. Todo complementado cun espectáculo pirotécnico que poñerá o punto final á velada. O acceso ao evento é de balde.

Por en valor a Ponte Maceira
Este programa, organizado conxuntamente entre os departamentos de Cultura de Ames e Negreira, busca poñer en valor unha paraxe paisaxística e monumental como é A Ponte Maceira, declarada ben de interese cultural (BIC) no ano 2022 e localización que forma parte da listaxe dos pobos máis bonitos de España.
Nas Noites en Vela 2026 actuará Balteira, grazas á subvención da Xunta de Galicia dentro do programa Cultura no Camiño 2026. O cuarteto Balteira nace a finais do 2025 en Betanzos da man de Cris Sánchez e Noa Migal (voces e percusións), Álex Fente (acordeón) e Pablo Pacior (ventos). A súa proposta céntrase na recuperación do repertorio oral galego, incorporando arranxos contemporáneos pero respectando a estrutura e a emoción das pezas tradicionais.
Os cantares que sempre encheron de festa os torreiros e as melodías instrumentais para o baile, son o eixo sobre o que xiran os seus concertos, mantendo o espírito da foliada desde a calidade técnica e interpretativa destes catro grandes da nosa música tradicional. Entre as gravacións xa editadas, destacan o Maneo de Anxeriz, con arranxo de Pedro Lamas, e a Muiñeira de Bardaos.
Os seus integrantes proceden de proxectos tan recoñecidos como Tiruleque, Xose Lois Romero & Aliboria, Comando Curuxás ou Habelas Hainas, e contan cunha grande bagaxe como intérpretes e docentes de música tradicional en diferentes asociacións e escolas de todo o país.
O nome da agrupación fai referencia á soldadeira medieval María Pérez “A Balteira”, figura histórica vinculada á liberdade e á transgresión social; fonte de inspiración e símbolo do carácter renovador do proxecto. Balteira é a forza da renovación na tradición galega.

Grupo de gaitas da AC Follas Novas
Por outra banda, o grupo de gaitas da Asociación Cultural Follas Novas está formado por socios/as e alumnos/as da asociación para difundir a música galega e colaborar animando as festas dos veciños en diferentes eventos (festas, actividades culturais…). Desta volta, participarán nas Noites en Vela interpretando varios temas de música tradicional galega.
