Compostela, 12/09/2026 – Un ano máis chega o Hola Nola Lab Fest a Compostela nunha edición que tamén move marcos. Un intercambio cultural, como define a organización, entre a Península Iberica e Nova Orleans.
En este 2026 o festival achégase tamén a Goianes, en Tomiño, en donde estarán esta mesma fin de semana. En Compostela a programación inclúe tamén, como outros anos, á contorna do Riquela e pasará pola Borriquita de Belem, o Modus Vivendi e a Praza de feixoo.
O Hola Nola Lab Fest comezará en realidade un día antes. O 15, con entrada libre ata completar aforo, algúns dos músicos que pasarán polo festival estarán nunha jam no Modus Vivendi. Unha cita que sen dúbida e das máis atractivas do festival.
Xa o 16, O Hola Nola comeza cunha sesión ás seis da tarde na Sala Numax. A cineasta brasileira Giuliana Monteiro “Eu não digo adeus, digo até logo” e “Sukande Kasáká”. Ás nove, xa no Riquela, un concerto íntimo con Madisen Ward, un artista ue comezou tocando en cafeterías xunto á súa nai en Independence, Misuri, para acabar formando o dúo Madisen Ward and the Mama Bear aínda que aquí virá en solitario.
Ao día seguinte a música comezará a soar ás sete da tarde na Borriquita de Belém con Safar Rouh. Antonia Jiménez á guitarra. Pablo Hernández Ramos ao saxo mesturan flamenco e jazz coa participación especial do cantante marroquí Abdelhadi O Manssori e do percusionista estremeño Javi Mojave.
Xa ás dez da noite chega ao Riquela Louis Ford & His New Orleans Flairs. Quinta xeración dunha saga musical que arrinca en 1856. Fillo de Clarence Ford, saxofonista principal de Fats Domino durante 30 anos. Formado xunto a Ellis Marsalis e Kid Jordan, Ford é unha parte de Nova Orleans. En este concerto estará acompañado por Carlos Childe ao banjo e voz, David Herrington á trompeta, Héctor Oliveira ao contrabaixo e Jimmy Castro á batería.
O día 18 ás sete da tarde a Borriquita de Belém inúndase de flamenco con Al Blanco & El Peli. Uns artistas que definen a vangarda do flamenco actual e que mesturan o clásico coa improvisación.
A seguinte cita será ás dez da noite no Riquela que acolle o concerto da HolaNola Band. Catro músicos con historias moi especiais. Stephen Lands, trompetista de Baton Rouge que tocou coa Preservation Hall Jazz Band, os irmáns Marsalis e Arcade Fire. Martin Masakowski, contrabaixista de Nova Orleans criado entre o jazz e o folk do este de Europa, cun máster en jazz e anos sobre os escenarios. Ton Risco, vibrafonista e percusionista de Ourense que colaborou con Steve Reich e o Metropole Orkest de Ámsterdam, e que hoxe é tamén profesor no Conservatorio de Santiago. E Lucas de Mulder, guitarrista e compositor cunha traxectoria que atravesa o jazz, a música de raíz e a escena máis inquieta de Madrid.
O 19 o Hola Nola Lab Fest remata cunha xornada moi especial. A Praza de Feixóo acolle ás doce do mediodía o Street Studio de Jeremy Thal. Compositor, produtor e multiinstrumentista. Gravou con Neutral Milk Hotel e The National, creado a música de videoxogos como Cozy Grove, producido pódcasts para iHeart e Audible, e dirixido eventos inmersivos que celebran tradicións musicais de todo o mundo. Jeremy Thal é o que construíu fóra dos escenarios: en 2010 cofundó Found Sound Nation, unha organización que leva máis dunha década conectando culturas a través da creación musical colaborativa en máis de vinte países. O Street Studio que trae a Holanola é xusto iso: música que ocorre no momento, na rúa, con quen queira sumarse.
O ramo ao festival será na Sala Capitol ás dez da noite. Caamaño & Ameixeiras serán a cuota galega do Hola Nola. Sabela Caamaño (acordeón cromático) y Antía Ameixeiras (violín y voz) son unha das propostas máis singulares da nosa música desde que comezaron no 2018. Usan a súa completa formación músical para crear e ofrecer un espectáculo único.
O Hola Nola Lab Fest é un dos mellores e máis persoais festivais da península. Cada ano máis xente o descobre e pouco a pouco estase a converter nunha cita obrigada na axenda de moitos afeccionados. Unha xoia máis para unha Compostela que é un tesouro para os amantes da música.

