Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

O programa de Frades mellorou xa Abellá, Papucín, Moar, Frades e Añá

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades

Frades, 17/07/2026 – Frades está a acometer durante este mes de xullo un intenso programa de bacheo das pistas e estradas municipais nas distintas parroquias. Unha actuación realizada con fondos propios e coa que pretende reparar aquelas pistas que non están incluídas en ningún dos proxectos que se están executando ou se vaian executar nos próximos meses.

“Acabamos de licitar por máis de 100.000 euros a mellora da pista da Igrexa á Devesa en Aiazo, temos outros tres proxectos en fase de licitación por case 350.000 euros máis e antes de setembro licitaremos outros tres proxectos por outros 450.000 euros. Unhas pistas que, como van ser reparadas nos próximos meses, quedaron fóra deste plan municipal de bacheo por todas as parroquias, que é unicamente para aquelas pistas e estradas que non están incluídas en ningún proxecto que se vaia executar nos próximos meses”, explica o concelleiro de Obras de Frades, Manuel Ferreiro Marzoa.

No que vai de mes o Concello de Frades xa ten actuado nas parroquias de Abellá, Papucín, Moar, Frades e Añá, “e continuaremos actuando durante este mes de xullo noutros puntos do concello porque entendemos que esta é a época máis axeitada para realizar estes bacheos, para reparar os danos dos temporais do inverno pasado e afrontar con maior seguridade o próximo inverno”, conclúe Ferreiro Marzoa. Neste sentido, o concelleiro insiste: “se algún veciño se pregunta por que non se bacheou unha pista da súa parroquia, o máis probable é que sexa porque está incluído nalgún dos sete proxectos pendentes de execución este mesmo ano”.

Post navigation

Previous: O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros
Next: Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.