Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Descubrindo o patrimonio de Compostela

A Semana do patrimonio Invisible e a Noite do Patrimonio organiza novas visitas en Compostela

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r

Compostela, 04/09/2026 – A oitava edición da Semana do Patrimonio Invisible desenvolverase do 7 ao 11 de setembro con visitas en grupos reducidos a espazos habitualmente fechados ou de acceso restrinxido.

A participación é gratuíta e require inscrición previa a través dun formulario que estará dispoñible desde hoxe venres ás 12.00 horas en patrimonioinvisible.gal e compostelacultura.gal .

Descubrir outra Compostela

Serán seis días dedicados a descubrir, coñecer, vivir e repensar o patrimonio coa oitava edición da Semana do Patrimonio Invisible e As Noites do Patrimonio.  O Concello de Santiago co apoio da Deputación da Coruña e o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, procura achegar á cidadanía a riqueza patrimonial da cidade desde unha perspectiva ampla, participativa e contemporánea.

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, e o xestor cultural de Trivium, Manuel Rial, presentaron en rolda de prensa as dúas programacións.

É ao mesmo tempo un xeito de entender as políticas culturais municipais. O patrimonio ademais de  legado que é preciso conservar, é tamén un ben ao que a cidadanía debe poder acceder, coñecer, interpretar e sentir como propio.

Míriam Louzao salientou que ambos os programas responden a unha mesma maneira de entender as políticas culturais municipais, na que “falar de patrimonio non significa unicamente falar de conservación. Significa tamén falar de acceso, coñecemento, participación e pertenza”.

Incidiu ademais na importancia de que a riqueza histórica e monumental de Santiago forme parte da experiencia cotiá da veciñanza e advertiu de que “un patrimonio que a cidadanía non coñece, ao que non pode acceder ou co que non establece vínculos corre o risco de converterse simplemente nun escenario que contemplamos, en lugar de formar parte da cidade que vivimos”.

A cara menos visible de Compostela

A Semana do Patrimonio Invisible chegará á súa oitava edición entre o luns 7 e o venres 11 de setembro, mantendo a esencia que caracteriza o programa desde o seu nacemento: abrir as portas de espazos habitualmente fechados ou de acceso restrinxido e ofrecer visitas guiadas en grupos reducidos, atendendo a dúas premisas fundamentais, a calidade do discurso narrativo e a protección dos bens culturais.

Ao longo dos cinco días, o público poderá descubrir espazos como o Convento do Carme, o Pazo de Bendaña-Fundación Granell, As Orfas, Museo do Pobo Galego, —que se abren por primeira vez ao público no marco destas visitas—, outros como o Pazo Arcebispal, o Pazo de Raxoi, a Casa da Parra, o Auditorio de Galicia,  as escavacións da Catedral e os Mananciais de Compostela, ademais da tradicional visita secreta coa que se pechará a programación o venres.

reportaxe: Convento de San Francisco

A diversidade dos lugares seleccionados permite percorrer diferentes momentos e dimensións da historia da cidade: desde as orixes da Compostela apostólica que permanecen baixo o chan da Catedral ata os antigos sistemas de abastecemento de auga da cidade medieval; desde grandes exemplos do barroco ou do neoclasicismo ata a arquitectura contemporánea do Auditorio de Galicia.

Un patrimonio aberto, vivo e actual

A programación das Noites do Patrimonio comezará xa na tardiña do venres 11 e prolongarase durante a noite do sábado 12. Compostela súmase así un ano máis á iniciativa compartida co resto das cidades que integran o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, cun programa que busca poñer en valor o patrimonio desde unha perspectiva diversa e participada, fortalecer o sentimento de pertenza e favorecer que a cidadanía resignifique os espazos da cidade como propios, máis alá dun uso exclusivamente turístico.

A proposta articúlase arredor de tres conceptos, Patrimonio Aberto, Patrimonio ao Vivo e Patrimonio Agora, que permiten ampliar a propia idea de patrimonio: desde a apertura dos grandes espazos históricos ata o diálogo destes coa creación artística e o recoñecemento das persoas, oficios e espazos que continúan construíndo o patrimonio cultural de Compostela no presente.

Como parte do Patrimonio ao Vivo, o Auditorio de Galicia, acollerá o venres ás 19 horas un encontro co artista e director Roger Bernat que terá por título Uti et Abuti (o uso e o abuso). Con acceso libre ata completar capacidade, esta conversa arredor do patrimonio, a herdanza cultural e a capacidade da arte para cuestionar e transformar os seus símbolos servirá de antesala á proposta que o creador presentará ao día seguinte na praza da Quintana: La consagración de la primavera, unha reinterpretación que Bernat ofrece da histórica coreografía de Pina Bausch sobre a música de Stravinski. 

A representación desta peza, na que o público deixa de ser espectador para converterse en parte dunha experiencia colectiva, arrancará ás 22.00 horas e a asistencia será tamén de balde, neste caso previa retirada de entradas en compostelacultura.gal

A cidade abre as súas portas

Ao longo da noite do sábado, as actividades ao abeiro do eixe Patrimonio Aberto permitirán acceder a numerosos lugares singulares. Haberá un percorrido guiado polo Pazo de Xelmírez e a Torre da Carraca, con pases cada vinte minutos entre as 20.00 e as 23.00 horas, así como visitas guiadas á Casa da Troia, neste caso no marco do centenario do pasamento de Alejandro Pérez Lugín.

A noite de portas abertas permitirá tamén visitar tamén o Colexio de Fonseca, con acceso á mostra A Biblioteca América, un soño inaugurado en 1926; a igrexa de San Martiño Pinario-Museo Diocesano, ou a Zona C, antiga Casa do Concello.

A Casa do Cabido sumarase á programación con visitas ás exposición A cidade que se soñou a si mesma. Arquitectura rexionalista dos anos 20 e 30 do século XX, mentres que a Casa RIA, antigo sanatorio de Santo Agostiño, abrirá excepcionalmente fóra do seu horario habitual e ofrecerá unha visita guiada ás 21.30 horas.

A música ocupará tamén as rúas da cidade coa participación da Real Banda de Cadeiras Encartables, que sairá ás 20.00 horas da Porta do Camiño, e a dos Troyanos de Compostela, que ofrecerán ás 21.00 horas na praza de Cervantes un concerto homenaxe a Alejandro Pérez Lugín no centenario do seu pasamento.

Finalmente, Patrimonio Agora trasladará a mirada cara á creación actual coa apertura, entre as 20.00 e as 23.30 horas, de Mareiras-Espazo de Arte e dos obradoiros de ourivaría de Kinga Haudek, Brigantia e Susi Gesto. Esta última desenvolverá ademais unha actividade participativa para a creación dunha peza colectiva, que precisará reserva previa en susigestoobradoiros@gmail.com .

Patrimonio C: coñecer, vivir e facer propia a cidade

A celebración destes programas permite concentrar en seis días dúas maneiras complementarias de achegarse ao legado compostelán: descubrir aquilo que habitualmente permanece oculto e activar os espazos patrimoniais a través da cidadanía e da creación contemporánea.

Ambas as iniciativas insírense no traballo desenvolvido polo Concello de Santiago a través de Patrimonio C, unha liña de acción cultural que conta co apoio da Deputación da Coruña e que busca ampliar o acceso da cidadanía ao patrimonio, favorecer o seu coñecemento e protección e fortalecer os vínculos emocionais e simbólicos cos espazos da cidade.

“Conservar Compostela é imprescindible, pero conservar non pode significar simplemente manter intacto o que recibimos. Significa tamén coñecelo, facelo accesible, vivilo e transmitilo”, sinalou Míriam Louzao, quen incidiu na vontade municipal de que a cidadanía perciba o patrimonio “non como algo alleo ou como un escenario pensado exclusivamente para quen nos visita, senón como algo propio e como parte da súa vida cotiá”.

Deste xeito, do 7 ao 12 de setembro Compostela converterase nun escenario no que pasado, presente e creación contemporánea dialogan, convidando a veciñanza e visitantes a mirar a cidade con outros ollos e a participar activamente na construción dun patrimonio vivo e compartido.

Post navigation

Previous: Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia
Next: Xornadas sobre narración galega en Padrón

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.