Compostela, 04/09/2026 – O novo transporte urbano de Compostela pode continuar a súa implantación despois de desestimarse o recurso presentado. Antes de finais de ano poderían estar en funcionamento os novos autobuses e as novas liñas.
A a última hora da mañá de onte xoves o TACGAL desestimou e inadmitiu o recurso interposto contra a adxudicación do contrato mixto de servizo e obras do servizo público de transporte colectivo urbano de viaxeiros/as do Concello de Santiago.
Esta simple nova, sobre a que non hai moito máis que engadir, supuxo un parón nunha implantación que se daba por iniciada. Un recurso chegado a destempo xa que durante o proceso de adxudicación ao TACGAL chegaran tres recursos que foron desestimados na maior parte.
Agora iniciase de novo o proceso de sinatura da adxudicación e o prazo de dous meses para a implantación do novo servizo de transporte urbano. Unha das melloras máis esperadas pola veciñanza e que suporá un cambio fundamental na mobilidade da cidade.

