Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

A actuación da Deputación  renovará 2,5 quilómetros da estrada e inclúe a mellora integral do firme, a sinalización e os elementos de seguridade viaria.

estrada Santiago a Portodemouros

Compostela, 03/09/2026 – A Deputación da Coruña vén de sacar a licitación por 446.844,77 euros as obras de mellora do firme da estrada provincial DP-0701 de Santiago a Portomouro, no termo municipal de Santiago de Compostela.

A actuación desenvolverase en dous treitos da estrada, entre os puntos quilométricos 3+800 e 5+100 e entre o 6+400 e o 7+600, o que supón a renovación dun total de 2,5 quilómetros desta vía provincial.

Os traballos da Deputación inclúen a limpeza das cunetas e a roza dos noiros, así como o fresado e reposición do firme nas zonas puntuais que presentan un maior deterioro. Posteriormente estenderase unha nova capa de mestura bituminosa en quente de seis centímetros de espesor en todo o ancho da calzada nos dous treitos incluídos no proxecto.

A intervención completarase coa renovación da sinalización horizontal, mediante o repintado do eixo e das marxes da estrada, así como dos símbolos e cebreados. Tamén se substituirán ou repararán os sinais verticais e as barreiras metálicas de seguridade que se atopan deterioradas.

A actuación permitirá mellorar as condicións de circulación e seguridade viaria da DP-0701 renovando tanto o pavimento como os principais elementos de sinalización e protección da vía. O proxecto establece un prazo de execución de cinco meses desde o inicio das obras.

Post navigation

Previous: Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía
Next: Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.