Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

Compartir aloxamento con maiores ou discapacitados son algunhas das propostas que a USC ven de enviar ao Ministerio de vivenda.

Un momento do último Consello de Goberno da USC

Compostela, 19/07/2026 – O problema de vivenda en Compostela leva tempo enriba da mesa e algunha iniciativa xa está en marcha. A maiores a Universidade de Santiago, a USC, ten os seus propios problemas de aloxamento de estudantes. Un problema que quere solucionar colaborando co ministerio de vivenda.

O novo equipo de goberno da USC vén traballando en diversas iniciativas que deron como resultado o Plan social de aloxamento universitario alcanzable da USC. O xerente da Universidade, Juan Villoslada, presentou o documento na xuntanza do Consello de Goberno e anunciou que se lle acaba de presentar ao Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana enmarcado no Protocolo para a promoción de aloxamentos alcanzables destinados á comunidade universitaria.

Despois dunha análise pormenorizada da situación do aloxamento universitario da USC, o equipo de goberno que encabeza Rosa Crujeiras advertiu que a presión sobre o sistema de aloxamento universitario “aumentou notablemente, reflectíndose nun crecemento continuo das listas de agarda”, á vez que queda demostrado “o marcado carácter social do modelo de aloxamento da USC”. Por esta razón, a USC mantén a confianza en que o Ministerio acolla favorablemente o seu proxecto e contribúa a paliar a problemática.

O proxecto recompila información sobre iniciativas e actuacións que se atopan en distintos momentos de execución e que a USC desexa priorizar para incrementar o número de prazas en residencias públicas en ambos campus (Santiago de Compostela e Lugo), acometer as melloras imprescindibles de eficiencia enerxética e habitabilidade que permitan manter prazas de residencias abertas e ofrecer solucións habitacionais alternativas.

Deste xeito, a USC propón dous eixos de actuación. Un primeiro, de intervención en edificios da USC que xa existen, que consiste na reforma integral do Colexio Maior San Clemente, a rehabilitación e mellora da envolvente térmica do edificio Monte da Condesa e a reforma interior de mellora das condicións de accesibilidade e dotacións hixiénicas da Residencia Universitaria Bal y Gay de Lugo.

O segundo eixo de actuación ten que ver cun plan de convivencia e apoio interxeracional impulsado dende a Vicerreitoría de Estudantado, Igualdade, Diversidade e Benestar e que contempla tres programas concretos. Por unha banda, o proxecto piloto “USC ConVive en Comunidade” que pretende desenvolver un modelo que combina aloxamento, alcanzable e accesible, para estudantado universitario con participación e compromiso comunitario.

Outra proposta innovadora é “Convivencia Inclusiva COGAMI-USC” para  ofertar vivenda compartida entre estudantes da USC e persoas con discapacidade da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) durante o curso 2027/2028.

A estes dous únese o proxecto Convivencia Interxeracional que acaba de lanzarse como experiencia piloto en Lugo e que tamén se porá en marcha en Santiago coa fin de avaliar un modelo innovador de convivencia entre persoas de 65 anos ou máis que viven soas e son autónomas e estudantes de entre 18 e 35 anos da USC, que se ve afectado pola situación de emerxencia da vivenda e, tamén, pola soidade indesexada.

Dixitalización e novas unidades de investigación

Na mesma xuntanza, e coa fin de organizar de maneira conxunta todos os aspectos relacionados coa dixitalización, no cal é preciso integrar a propia administración electrónica para darlle coherencia á toma de decisións e axilizar a súa execución, o Consello de Goberno aprobou o Regulamento de transformación dixital, administración electrónica e desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación da USC.

Con esta normativa unifícase nun só documento xurídico a regulación sobre a administración electrónica e a gobernanza da transformación dixital e dos desenvolvementos tecnolóxicos.

Por outra banda acordouse renovar a Unidade Asociada CSIC-USC entre o CSIC (Instituto de Nanociencia e Materiais de Aragón) e a USC, que inclúe membros do Instituto de Materiais (IMATUS), e a creación de dúas novas unidades: entre o CSIC, a través do Instituto de Química-Física Blas Cabrera e do Instituto de Ciencia y Tecnología del Carbono (INCAR), incluíndo membros dos departamentos de Química de Materiales e de Procesos Químicos Sostenibles, e a USC, a través de membros do Grupo de Investigación NAFOMAT e do Instituto de Materiais da USC (IMATUS); e a do CSIC, a través do través da Misión Biolóxica de Galicia (MBG-CSIC), e a USC, a través do Grupo ANTE/Departamento de Xeografía.

Outros asuntos

Aprobáronse ademais os acordos de asignación a área de coñecemento e servizo asistencial de prazas de profesorado vinculadas e de reposición de prazas vacantes de profesorado con vinculación asistencial e de reasignación e reposición de prazas de PACS.

Tamén en materia de PDI tratouse unha comisión de servizos, a prórroga de contratos de tres PACS, a reposición de dúas prazas vacantes de profesorado asociado ademais da proposta de asignación de complementos de excelencia curricular 2025.

A modificación de dous programas de doutoramento, a Convocatoria anual de tramitación de titulacións do curso 2026/2027, as contas da Fundación Dieta Atlántica, a modificación do Regulamento de Mobilidade de PTXAS funcionario para adaptalo á nova estrutura organizativa da USC e a modificación, para flexibilizalo, do Acordo do Consello de Goberno do 28 de febreiro de 2019 sobre a esixencia de nivel de coñecemento de lingua galega ou española para a matrícula en estudos de grao, máster e doutoramento foron outros temas sometidos a debate en esta reunión.

Tamén na xuntanza se procedeu á cobertura de vacantes das comisións delegadas do Consello de Goberno e á designación de representantes do estudantado, do PDI e do PTXAS nas Comisións de Coordinación da Estratexia Dixital e de Administración Electrónica e nos órganos de dirección das EBCs participadas pola USC.

Post navigation

Previous: O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest
Next: Esta fin de semana comezaron as III Xornadas de Frauta de Galicia

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.