Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

Concurso para outorgar licencias de taxi en Santiago

Serán 29 novas licencias de taxi as que sairán a concurso tras a aprobación da xunta de goberno local

Un dos taxis que se usan en Santtiago

Imaxe cedida Radio Taxi Compostela

Compostela, 28/07/2026 – Santiago de Compostela ven de aprobar a convocatoria do concurso para a adxudicación de 29 novas licenzas de taxi. Todas as licencias son para vehículos adaptados para persoas con mobilidade reducida, se ben non serán de uso exclusivo para estes usuarios e usuarias.

O prazo para a presentación das solicitudes rematará o 18 de setembro. O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, lembrou que “esta será a primeira ampliación do número de licenzas de taxi en Santiago desde 1998”.

O edil mostrouse convencido de que “este procedemento, sumado á adxudicación do contrato dos autobuses, marca o inicio do novo tempo para a mobilidade en Compostela”

O concelleiro recordou que na actualidade cómprese a ratio legal de un taxi por cada mil habitantes, “pero acreditamos diante da Xunta de Galicia, administración que debe autorizar as novas licenzas, que a oferta non se axusta á demanda real de Compostela porque por cada 100 persoas residentes, hai outras 77 con vínculos na cidade por razóns de estudos, traballo ou outras causas”.

O concepto de persoa vinculada entende que se trata de alguén que pasa un mínimo de 14 noites por mes en Compostela. Un dato que implica que a cidade da servizo a moitas máis persoas que as que están no padrón; desde turistas a estudantes ou traballadores temporais.

Para Xan Duro “non era lóxico ter os mesmos taxis operativos que hai dez anos, cando neste tempo gañamos 4.000 habitantes, máis de 200.000 peregrinos e peregrinas, e 1,5 millóns de pasaxeiros e pasaxeiras no aeroporto Rosalía de Castro”.

O concelleiro de Mobilidade sinalou que finalmente as 29 novas licenzas serán para vehículos adaptados para persoas con mobilidade reducida, “atendendo a unha solicitude do propio sector do taxi e á demanda de diferentes entidades sociais”.

Duro apuntou que, aínda que se cumpría a ratio legal que obriga a contar cun 5% de taxis adaptados, “as necesidades parecen ser maiores e estímase que a demanda actual tenderá a aumentar por mor do envellecemento da poboación”.

O edil defendeu que “todos os veciños e veciñas teñen dereito a acceder ao transporte público en igualdade de condicións, e cando a oferta de vehículos adaptados é mínima, ese dereito non está salvagardado”.

Fíxase un canon de 88.000 euros, tendo en conta que o mercado está traspasando licencias por riba dos 140.000 euros, e establécense criterios de valoración que “pretenden favorecer que as persoas que veñen traballando como condutores e condutoras asalariadas do taxi accedan á súa propia licenza”.

Post navigation

Previous: Mercado Medieval de Melide
Next: Vandalismo contra o Punto Limpo Móbil de Dodro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.