Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • A Baña
  • Axenda

Ciclo de monólogos na Baña

Comezará este mesmo venres e desenvolverase ata o vindeiro 21 de novembro

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos

A Baña, 10/09/2026 – A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos. Programanse sete espectáculos entre setembro e novembro; serán diferentes propostas de humor, narración oral, música e teatro.

O ciclo comeza este venres día 11, ás 21.00 horas, no local social de Sanamede de Monte. Vero Rilo presentará Tralalareira, un espectáculo no que a palabra e a música se atopan sobre o escenario. Rilo estará acompañada polo acordeonista Santi Cribeiro.

A segunda cita da Bañá será o venres 25 de setembro, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura. Lupe Blanco representará Quen inventou o rap?, unha proposta que establece conexións entre a regueifa e outras formas de improvisación oral.

O venres 9 de outubro, tamén ás 20.30 horas na Casa da Cultura, será a qienda de Sergio Alba e o espectáculo Dous rombos… Pasa para a cama! Unha semana despois, o venres 16 de outubro, ás 20.30 horas, Brais das Hortas achegará ao mesmo escenario Contos de defuntos e outros asuntos.

O ciclo retomarase o venres 6 de novembro, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura. Patty Diphusa protagonizará Sexo seguro… Seguro? A seguinte función trasladarase ao local social de Fiopáns. Será o sábado 14 de novembro, ás 20.30 horas, con Lalá Teatro e o seu espectáculo As Josefas. Tarabela Creativa pechará a programación o sábado 21 de novembro, ás 20.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura, coa representación de O que non estaba escrito. Este ciclo conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Post navigation

Previous: A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario
Next: “Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.