Vedra, Boqueixón, 25/07/2026 – Un ano máis os concellos de Boqueixón e Vedra organizan o campo de traballo Monte Sacro. Unha iniciativa que permite a 15 voluntarios, ademais de coñecer esta zona de Galicia, estudar restos arqueolóxicos nos dous concellos.
Monte Sacro comezou o pasado 21 de xullo e durará ata o 1 de agosto. Na primeira semana estiveron traballando en Vedra. A localización foi a coñecida como San Xoán da Cova, un lugar no que se supón que existiu un mosteiro medieval que sufriu ataques viquingos e as crecidas do Ulla.
Atopáronse muros afundidos na auga e nunha cova restos da idade de bronce. Os voluntarios realizarán traballos de limpeza e acondicionamento dos xacementos, ademais de pequenas intervencións arqueolóxicas.

A vindeira semana traballan nun núcleo moito máis estudade como o Pico Sacro e que trata actualmente de formar parte do catálogo de montañas máxicas de Galicia. Os voluntarios recibirán no campo de traballo formación en historia, arqueoloxía e turismo, participando de maneira activa nas actividades programadas.
Monte Sacro ten tamén unha serie de actividades paralelas centradas no ocio dos participantes como observacións nocturnas das estrelas, roteiros guiados, ou kaiak e piscina.
