Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Compostela

Artesanamente, Compostela é artesanía

Santiago acollerá do 18 ao 20 de este mes Artesanamente, a segunda edición do mercado de artesanía.

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.

Compostela, 12/09/2026 – Tras unha primeira edición con moi boa acollida a sede da Afundación en Compostela acollerá novamente Artesanamente. Do 18 ao 20 de este mesmo mes póñense en valor a artesanía, os oficios tradicionais e os produtos de proximidade.

Participarán máis de 40 marcas e contará cunha ampla programación paralela. Artesanamente foi presentada no concello de Santiago pola concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, coa participación de o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; a directora de promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita; o xefe da Área de Calidade Alimentaria de AGACAL, Ricardo Rivas; e Manuel Moledo, de Aquelando.

A tenenta de alcaldesa explicou que o obxectivo desta iniciativa é “darlle visibilidade ao talento e a riqueza cultural que se agochan detrás das marcas de artesanía local de Galicia, mostrar os seus produtos únicos que reflicten a nosa identidade, e poñer en valor os oficios tradicionais, mostrando as súas técnicas e procesos de creación”.

Programa

No mercado Artesanamente participarán máis de 40 marcas de artesanía de diferentes disciplinas, incluída a artesanía alimentaria. Nos seus postos poderanse coñecer e adquirir produtos únicos, como xoias, moda, vaixelas, cerámica ou produtos de coiro. No que ten que ver coa alimentación, haberá postos de xeados, galletas, queixo ou marmeladas.

Ademais dos postos de exposición e venda, Artesanamente volve apostar por mostrar o labor dos artesáns e artesás en directo e a pé de rúa, na rúa do Vilar. No exterior da sede de AFundación haberá exhibicións de traballo con coiro a cargo de Santiago Besteiro; con papel, con Cristina Velasco; con forxa con Jorge Eiroa; e con encaixe, con Ana Rosa Liste. Tamén mostrarán as súas técnicas o zoqueiro Álvaro Pin e a xoieira Paula Dacosta Ameijeiras.

A programación de Artesanamente complétase con faladoiros, showcookings e mesas redondas. No día 18 está prevista unha charla con “El rincón de Yobeida” sobre a súa cociña de fusión entre Galicia e Venezuela, e o sábado 19 haberá unha ampla oferta de actividades paralelas: unha degustación de pratos elaborados con produto de proximidade por Alén Tarrío, do restaurante Pampín; unha charla sobre a indumentaria tradicional galega a cargo da Asociación do Traxe Galego, ou unha degustación da que foi elixida no certame Santiago (É) Tapas como a mellor tapa creativa, elaborada polo establecemento Artesana. Xa no domingo 20, terá lugar unha charla sobre os oficios tradicionais cos zoqueiros Elena Ferro e Álvaro Pin.

Post navigation

Previous: Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión
Next: Hola Nola Lab Fest

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.