Ames, 17/07/2026 – O Partido Popular de Ames presentará unha moción no pleno municipal tras as denuncias veciñais por pelexas, ruídos e problemas de convivencia graves. Os residentes de Bertamiráns denuncian unha deterioro da convivencia.
A situación é especialmente preocupante na contorna da Travesía do Pedregal e noutras zonas do núcleo urbano de Bertamiráns. Os populares sinalan que o forte crecemento demográfico de Ames, o maior de Galicia, obriga a adaptar os recursos policiais de forma inmediata..
O PP de Ames reclama a adopción de cinco acordos clave no próximo Pleno, comezando pola convocatoria da Xunta de Seguridade, unha reunión urxente coa Garda Civil, Policía Local e administracións competentes. Ademais o PP solicita mais presenza policial e incremento de patrullas e vixilancia nos puntos negros de Bertamiráns.
Entre as propostas populares figura tamén a elaboración dun Plan Municipal de Seguridade e dunha estratexia de convivencia nun prazo máximo de tres meses. Ao que engade a instalación de cámaras e en referencia a este punto esixe un estudo para implantar un sistemas de videovixilancia en espazos públicos e accesos.
O PP pide un Plan antiokupación coa activación de medidas específicas contra a ocupación ilegal de inmobles e a creación de canles de comunicación permanentes coas asociacións de veciños afectadas.
O Grupo Popular insta ao Goberno municipal a coordinar de forma eficaz as forzas policiais para devolver a tranquilidade ás rúas de Bertamiráns. O texto da moción trasladarase tamén á Delegación do Goberno e á Comandancia da Garda Civil.
