Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

Entréganse os Alba de Compostela

O teatro Principal acollerá a cerimonia na que se homenaxea a Camilo Nogueira, Susi Gesto, Ricardo Gurriarán e Concha Rozas.

Imaxe gráfica dos premios alba de compostela

Compostela, 25/07/2026 – Hoxe é o día no que Compostela recoñece o traballo de algúns dos seus veciños máis insignes. A cita no Teatro Principal, sete e media da tarde, coa entrega dos premios Alba de Compostela que chegan a súa cuarta edición.

Os Alba de Compostela foron seleccionados polo Consello Asesor de Condecoracións de Santiago por unanimidade. Os galardoados este ano son Camilo Nogueira, pola súa traxectoria “política e persoal”; Concha Rozas, “unha das voces máis recoñecidas” de Pontepedriña; Ricardo Gurriarán, historiador galego e “de gran importancia” para a recuperación da memoria histórica, e Susi Xesto, expoñente contemporáneo da ourivaría compostelá.

Esta distinción foi posta en marcha polo goberno local actual en 2023 e entrégase habitualmente o 25 de xullo, Día de Galicia e de Santiago Apóstolo. Como en edicións anteriores, as persoas galardoadas proceden de ámbitos diversos e contribúen, a través da súa traxectoria profesional e persoal, “a facer de Compostela un referente”, como destacara na presentación a alcaldesa da cidade Goretti Sanmartín.

Os Alba de Compostela 2026

Camilo Nogueira (1936) trátase dunha “das figuras máis recoñecibles no desenvolvemento do autogoberno galego, que acabaría devolvendo a Santiago o seu papel de capital”. En concreto, participou na comisión redactora do Estatuto do Dezaseis, “o anteproxecto do vixente Estatuto de Autonomía”.

Pola súa banda, Ricardo Gurriarán Rodríguez (1953) é unha “autoridade” no ámbito da investigación ao redor do pasado histórico da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Ademais, foi profesor no IES Arcebispo Xelmírez desde o ano 1977 até a súa xubilación.

Concha Rozas (1936) é un dos rostros “máis coñecidos e estimados” do movemento veciñal do barrio da Pontepedriña, segundo definiuna a alcaldesa. Nada en Santiago, chegou a vivir ao barrio tras a expropiación da súa vivenda en San Caetano. É recoñecida polo seu impulso ao asociacionismo, no marco da loita contra a alta sinistralidade.

Por último, Susi Xesto (1980) é depositaria, innovadora, transmisora e expoñente contemporáneo do legado artístico da ourivaría compostelá. Filla do ourive Eloy Xesto, retomou as actividades familiares no seu taller de Algalia de Abaixo, onde desde fai máis de tres lustros dá continuidade ao legado artístico familiar.

Post navigation

Previous: Campo de voluntariado Monte Sacro
Next: A Festa da Empanada cumpre 50 anos

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.