Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Compostela
  • Músicas na linde

A Tarara, Festa Xitana en Compostela

A Tarara, a Festa Xitana Galega, celebrará a integración de culturas, a igualdade e a alegría

Presentación de A Tarara festa xitana galega

Compostela, 22/07/2026 – O Pobo Xitano e parte de Compostela, e da bisbarra, desde sempre e sempre foron parte da sociedade por máis que lle pese a algúns. A Tarara Festa Xitana Galega celebra precisamente esa unión no marco das festas do Apóstolo 2026.

A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, anima a toda a veciñanza a gozar de A Tarara Festa Xitana Galega que por primeira vez celebra a integración de culturas, a igualdade e a alegría e reivindica a unión de Galicia co pobo xitano, con máis dun século de convivencia.

O martes 28 de xullo ás 21.00 horas terá lugar esta novidosa proposta musical denominada A Tarara. Un evento que xunta artistas de primeiro nivel coma Josemi Carmona ou Juan José Suárez ‘Paquete’, gañador de dous Grammy  polo seu traballo con El Cigala y Tomatito; coa cantaora flamenca Rosario Heredia; Rafael Jiménez; Saray Muñoz; Alejandro Escalera; Rubén Fernández; Miguel De Flórez; ou o músico compostelán Moisés Fernández.

O Concello de Santiago patrocina este proxecto iniciativa da cooperativa MADA Producións coa dirección artística de Moisés Fernández e a coordinación de Rosa Bugallo, que tamén conta co apoio da Agadic.

A proposta busca dar a coñecer a cultura xitana a través da música, como cultura que forma parte da historia de Galicia, onde actualmente viven unhas 10.500 persoas de etnia xitana.

Ao mesmo tempo, A Tarara facilita o acceso á cultura por parte do pobo xitano, favorecendo tamén a súa integración a través de actividades culturais.‘A Tarara’ é unha canción de orixe sefardí que foi recuperada por Federico García Lorca e interpretada despois por Camarón. Esta Festa Xitana Galega “A TARARA” leva ese nome en homenaxe a todas as persoas e pobos historicamente discriminados.

Post navigation

Previous: Ghaleb Jaber Ibrahim, impulsor da Fundación Araguaney, pregoeiro do Apóstolo
Next: Trazo contará con servizo de estimulación terapéutica

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.