Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

“A Santa” de Asorey volverá a Galicia

A escultura é trasladada desde O Uruguai, coincidindo co centenario da súa creación en 1926

A Santa de Asorey que volverá a Galicia para ser exhibida na Cidade da Cultura

Compostela, 27/07/2026 – A Xunta de Galicia traslada de xeito permanente a Santa de Asorey a Galicia coincidindo co centenario da súa creación, no ano 1926. Despois de sete décadas en Montevideo, e emblemática obra de Francisco Asorey pasará a estar exposta na Cidade da Cultura.

A Santa está considerada unha das obras clave para comprender a traxectoria de Asorey, a Santa é unha das pezas máis relevantes da escultura galega do século XX, ademais dun ben cultural fundamental da memoria artística e da emigración galega. Por outra banda está considerada un símbolo da modernización artística e cultural de Galicia no primeiro terzo do século pasado.

Tras a súa presentación, no ano 1926 na Exposición Nacional de Bellas Artes en Madrid, a peza foi adquirida en 1951 pola colectividade galega emigrante en Montevideo, onde estaba exposta ata este momento.

A Santa de Asorey que volverá a Galicia para ser exhibida na Cidade da Cultura

En 2022, e tras máis de sete décadas, o Goberno galego adquiriu A Santa no marco do proceso concursal da Casa Galicia en Montevideo ao abeiro do cal a Xunta de Galicia adquiriu boa parte dos bens que albergaba, entre os que se inclúen tamén fondos documentais e bibliográficos.

Nese momento, a Administración autonómica acordou co Goberno de Uruguai que a peza pasase a exhibirse no Museo Zorrilla. Con todo, os últimos cambios no relato expositivo desta institución e a reorganización da súa colección motivan agora o seu traslado a Galicia para garantir a idónea contextualización, estudo e contemplación da obra por parte do público.

A Santa de Asorey que volverá a Galicia para ser exhibida na Cidade da Cultura

O retorno da peza, que xa se puido ver en Santiago de Compostela con motivo da exposición Galicia, un relato no mundo, que se exhibiu na Cidade da Cultura e recibiu máis de 46.000 visitas, é posible grazas á estreita colaboración institucional entre a Xunta de Galicia, o Goberno do Uruguai e a dirección do Museo Zorrilla, co apoio das colectividades galegas na diáspora.

Post navigation

Previous: Conservación e mantemento no Salón Teatro
Next: Mercado Medieval de Melide

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.