Teo, 22/07/2026 – Aínda que con moitas reservas desde unha parte da veciñanza de Teo, hai uns meses comezan as obras que uniran Compostela coa Estrada pola AG-59. Unha autovía que ata hoxe remataba na Ramallosa, en Teo, e que xa chega ata Pontevea, o límite da provincia da Coruña.

Queda por saber como afectará ao tráfico en este núcleo de Teo a saída da AG59, polo momento, en Pontevea. O que é unha realidade é que a Estrada está máis cerca da comarca de Compostela e co tempo levará 10 minutos chegar alí desde a capital.

Alfonso Rueda, presidente da Xunta, chegou á inauguración na súa motocicleta para posteriormente probar o novo tramo. No acto estivo acompañado pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, o alcalde de Vedra, Carlos Martínez e o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao.
O novo tramo da AG-59 ten 3,5 quilómetros dentro do termo municipal de Teo, entre A Ramallosa e Pontevea. Contou cun investimento de máis de 32 millóns de euros e, unha vez rematado o segundo treito, a autovía AG-59 contará con 14 quilómetros que conectarán Santiago e A Estrada en só 10 minutos
A obra está dentro do plan autonómico de infraestruturas viarias de altas prestacións que mobiliza case 170 millóns de euros na comunidade. Rueda explicou que as obras do segundo e último treito da vía, 4 novos quilómetros entre Pontevea (Teo) e O Rollo (A Estrada), xa se atopan en marcha cun orzamento superior aos 31 millóns de euro.
O Presidente da Xunta engadiu que “Cando isto estea rematado, no ano 2028 e tras un investimento de case 70 millóns de euros, quedará listo algo que se leva esperando moito tempo”.

Rueda destacou tamén outros proxectos en execución ou de inicio inminente neste semestre, como a prolongación da autovía da Costa da Morte e da VAP Tui-A Guarda, o desdobramento dun treito da estrada Brión-Noia para convertelo en autovía e o inicio das obras da futura vía rápida Nadela-Sarria.
Na actualidade, só en vías de altas prestacións, a Xunta ten en marcha actuacións por valor de 170 millóns de euros para proporcionar aos cidadáns vías co selo Galicia Calidade na busca de mellores comunicacións na comunidade autónoma. Con estas actuacións, prevese elevar ata o 85% a porcentaxe de poboación galega que reside a menos de 15 minutos dunha vía de altas prestacións.
