Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Negreira
  • Xeral

A Baña recupera o Servizo de Normalización Lingüística

O programa da Baña, compartido con Negreira, formará e promoverá o uso do galego.

A Baña recupera o servizo de normalizació lingüística que compartirça con Negreira

A Baña, 1 de setembro do 2026 – O Concello da Baña vén de recuperar o Servizo de Normalización Lingüística (SNL), que inicia unha nova etapa como servizo compartido co Concello de Negreira e que terá como obxectivo principal impulsar o uso da lingua galega, mellorar a súa presenza nos diferentes ámbitos da vida municipal e promover accións que contribúan a reforzar o seu prestixio social.

A volta do departamento de normalización permitirá poñer en marcha no municipio diferentes programas e iniciativas de dinamización lingüística dirixidos tanto á cidadanía como á comunidade educativa, ás familias e á propia administración local.

Entre as principais liñas de actuación previstas figura o traballo arredor das ordenanzas municipais reguladoras do impulso do uso do galego, co obxectivo de avanzar na presenza e utilización da lingua propia de Galicia no ámbito administrativo e institucional.

O servizo retomará tamén o programa Apego, orientado á transmisión do galego desde as primeiras etapas da infancia, xunto co proxecto Maimiños e Furabolos. A programación incluirá igualmente o Club de Debate Alingua, unha iniciativa que busca fomentar entre a mocidade o uso oral do galego, a capacidade argumentativa e o pensamento crítico.

Outra das áreas de traballo estará centrada no acollemento lingüístico, mediante a organización de cursos e grupos de conversa en lingua galega destinados a facilitar a aprendizaxe, a práctica e o uso cotián do idioma. A estas propostas sumaranse actividades e obradoiros que se desenvolverán nos centros educativos da localidade.

O Concello da Baña considera a recuperación deste servizo unha ferramenta importante para desenvolver novas accións de dinamización, especialmente entre a infancia, a mocidade e as persoas que desexen iniciarse ou mellorar as súas competencias en galego.

Ao longo das vindeiras semanas iranse dando a coñecer de maneira detallada os diferentes programas, actividades e prazos de participación previstos nesta nova etapa do Servizo de Normalización Lingüística.

Atención no Concello tres días á semana

O Servizo de Normalización Lingüística prestará atención presencial na Casa do Concello da Baña os luns, mércores e venres.

As persoas que precisen información, asesoramento ou queiran realizar calquera consulta relacionada co servizo tamén poden contactar a través do teléfono 981 886 501 ou do correo electrónico snlabananegreira@gmail.com.

Post navigation

Previous: Noite Folk de San Xurxo de Vea
Next: Melloras de seguridade viaria en Frades

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.