Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Hoxe podes chatear cunha astrónoma

Hoxe desenvólvese a iniciativa "Chatea cunha astrónoma"  na que participa a profesora da USC Josefina  F. Ling.
chatea-cunha-astronoma-slide-17-febreiro-2022_r

Compostela, 17 de febreiro do 2022 – Hoxe desenvólvese a iniciativa “Chatea cunha astrónoma”  na que participa a profesora da USC Josefina  F. Ling.

Trátase dun foro virtual no que participan 60 astrónomas españolas ou que traballan en España. A quinta edición da iniciativa ‘Chatea cunha astrónoma’ desenvolvese de 10.00 a 22.00 horas e enmárcase dentro das actividades conmemorativas do Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, celebrado o pasado 11 de febreiro.

Esta actividade está organizada pola Comisión Muller e Astronomía da Sociedade Española de Astronomía e pola plataforma PureChat.

A profesora Josefina  F. Ling, membro do Observatorio Astronómico Ramón M.ª Aller. O obxectivo da xornada é achegar a ciencia actual ao público xeral de man das súas protagonistas femininas, dando así visibilidade á súa presenza e relevancia. “Esta é unha actividade de divulgación única pois está ao alcance de calquera que dispoña de conexión a internet, independentemente do remota que sexa a súa localización, e porque proporciona unha plataforma directa e privada de conversación entre as astrofísicas profesionais e o público xeral”, explicou a profesora Ling.

Na pasada edición, as astrónomas chateadoras atenderon máis de 1.100 chats durante os que mantiveron case 300 horas de conversación. “Durante doce horas ininterrompidas resolvemos dúbidas de adolescentes que van elixir estudos universitarios de Astronomía ou Astrofísica, así como de proxenitores aos que preocupan as dificultades que as súas fillas atoparán ao longo da carreira profesional”, engadiu a profesora da USC.

Post navigation

Previous: Compostela aproba de xeito inicial o orzamento 2022
Next: Encontro sobre acollida familiar este sábado en Ames

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.