Compostela, 7 de outubro do 2017 – Onte presentouse en rolda de prensa a nova directiva da Asociación de Hostalería de Compostela que se mostrou disposta a un debate sobre as taxas turísticas.

O debate volve a actualidade a causa dun informe do catedrático Luís Caramés encargado polo concello e que foi presentado estes días.
A secretaria da asociación, Rita Sobrado, explicaba que estaban dispostos a falar pero que o principal era saber a onde irían a parar os cartos
Pola súa parte Félix Álvarez, vocal de hospedaxe, incidía en que as taxas turísticas están implantadas en outros lugares hai tempo polo que o debate antes ou despois tiña que chegar aqui
A posterior rolda de prensa semanal da Xunta de Goberno de Santiago permitiu que o alcalde, Martiño Noriega, explicara que a posibilidade de impoñer taxas turísticas é un debate que nacera precisamente dun foro para buscar ideas e que confía en que a Xunta, que mostrouse contraria as taxas turísticas, entre en el antes ou despois.
Nova directiva da Asociación de Hostalería
Ao marxe das taxas turísticas a rolda de prensa serviu para que a nova directiva explicara as liñas de traballo que teñen pensado levar a cabo.
A presidenta Sara Ríos falaba de dialogo e unidade
A secretaria, Rita Sobrado, de recuperar o Día do Socio que facilitará o contacto persoal cos membros da Asociación
Lois López, vocal de restauración, explicaba a problemática da falta de profesionais debido a temporalidade do traballo
Finalmente Félix Álvarez, vocal de hospedaxe, poñía como deberes o contacto permanente coa administración

No transcurso da rolda de prensa tamén foi presentada a nova páxina web da asociación www.santiagohosteleria.net
Unha ilusiónante nova etapa para unha Asociación de Hostalería que foi o motor de moitas actividades da cidade durante anos e que sen duda volverá a cobrar protagonismo rapidamente.
