Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Hostalería Compostela preocupada polas cancelacións

A Asociación de Hostalería Compostela reuniuse onte co alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e mostrouse preocupada polas restricións e cancelacións.
hostaleria-compostela-reunion-bugallo-slide-4-agosto-2021_r

Compostela, 4 de agosto do 2021 – A Asociación de Hostalería Compostela reuniuse onte co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e mostrouse preocupada polas restricións e cancelacións de reservas.

O presidente de Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, foi encargado de presentar ao alcalde, e a concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón, os proxectos da nova Xunta Directiva. O rexedor, pola súa banda,  ofreceulle “toda a colaboración” nesta nova etapa. “A hostalería é un servizo esencial, un sector económico moi dinámico e moi importante para Santiago”.

Durante o encontro, Thor expuxo a preocupación da entidade por como están afectando as últimas restricións aos locais de hostalaría da cidade, que xa están a sufrir algunhas cancelacións en hoteis e, sobre todo, en restaurantes. O presidente amosou a súa intranquilidade especialmente pola situación do ocio nocturno, pechado no interior e cunha capacidade de terraza moi baixa.

Desde Hostalaría Compostela alertan ademais de que nestes últimos días estanse a producir certas situacións de confusión entre a clientela que non acaba de entender ou aceptar a normativa que obriga a presentar o certificado de vacinación ou proba negativa en covid-19 para

poder acceder ao interior dos locais. “Estas normas poñen á hostalaría nunha posición moi complicada. Aínda que a maioría da clientela é comprensiva, tamén hai quen non o é e nós non podemos estar a facer de policías”, lamentan.

A Asociación destaca que o sector leva máis de ano e medio acatando as normas sanitarias, adaptándose a multitude de cambios e demostrando que os seus espazos son seguros. Por iso, agardan que se poida buscar unha solución alternativa o antes posible.

Post navigation

Previous: O Feito a Man 2021 celebrarase do 11 ao 19 de este mes
Next: Segue a liorta en torno as axudas do GDR Ulla Tambre Mandeo

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.