Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Noia
  • Xeral

A hostalería de Noia denuncia o incremento de roubos en establecementos

A Asociación de empresarios Hostalaría.gal mostra a súa preocupación polo incremento de roubos en establecementos de Noia.
noia-vaga-de-roubos-slide-27-decembro-2022_r

Bisbarra, 27 de decembro do 2022 – A Asociación de empresarios Hostalaría.gal mostra a súa preocupación polo incremento de roubos en establecementos de Noia.

Denuncian que a vaga de roubos vense producindo desde hai meses. O último de estes sucesos na madrugada do domingo a onte luns. Piden un incremento de vixilancia e a presenza de máis efectivos dos corpos e forzas de seguridade en Noia.

O pasado xoves os empresarios mantiñan unha reunión co alcalde, Antonio Freire, que se comprometía a poñer a disposición dos hostaleiros todos os efectivos con que conta o concello.

Hostalaria.gal tamén solicitou unha reunión co delegado do goberno, José Miñones, para tratar esta situación de primeira man e buscar un aumento da vixilancia, xa que a Policía Local e a Garda Civil repártense ao 50% as funcións de control.

Os hostaleiros cren insostible esta situación porque case a diario se producen roubos cos conseguintes estragos, que aínda son máis prexudiciais polo cuantiosos que resultan os arranxos posteriores. Desde o sector consideran necesaria a implicación de todas as administracións con competencias en materia de seguridade para frear esta alarmante vaga de roubos e deter aos seus causantes.

Post navigation

Previous: Zonas de baixas emisións e parques infantís na Xunta de Goberno de Compostela
Next: A xustiza segue dando a razón á veciña de Grixoa que reclama unha traída de auga pública

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.